Xuño 2020
REEXISTIREI
(adaptación libre do poeta navarro Daniel Aldaya, Pamplona, 1976)
Cando digan: fóra máscaras,
cando se pregoe: ancha é Castela
Cando perda medo do silencio,
cando poida compartir café,
cando se rebelen os espellos
e traspasemos xuntos a parede.
¡Reexistirei, reexistirei!
Quitareime as luvas para endurecer a pel
e aínda que os virus con coroa sopren forte
son como o gato que se dobra
pero sempre cae de pé.
Reexistirei para seguir vivindo,
festexarei, con bicos de amor infectarei
e aínda que os abrazos nos rompan en pedazos,
¡reexistirei, reexistirei!
Cando o mundo gañe toda graza,
cando o inimigo morra,
cando se faga curta a distancia,
cando me ameace a tenrura,
cando o diaño pague a factura
e volvamos xuntos á normalidade
¡Reexistirei, reexistirei!
https://www.noticiasdenavarra.com/cultura/2020/04/10/frente-virus-versos/1037529.html