Skip to Content

A peste de Agrigento

EMPÉDOCLES E A PESTE DE AGRIGENTO

Dióxenes Laercio, historiador do século III p. C., na súa obra Vidas, opinións e sentenzas dos filósofos máis ilustres, oferta unha gran contribución á historia da filosofía antiga xa que fai unha breve introdución sobre a vida e doutrinas da maioría dos filósofos gregos. Dividida en dez libros hoxe  imos ocuparnos dun fragmento do libro VIII dedicado a Pitágoras e os pitagóricos. Nel, despois do mestre, fálasenos da figura de Empédocles e dalgunhas lendas a propósito da súa peculiar biografía, é aquí onde aparecen referencias á peste de Selinunte ou Agrigento:

...τοῖς Σελινουντίοις ἐμπεσόντος λοιμοῦ διὰ τὰς ἀπὸ τοῦ παρακειμένου ποταμοῦ δυσωδίας, ὥστε καὶ αὐτοὺς φθείρεσθαι καὶ τὰς γυναῖκας δυστοκεῖν, ἐπινοῆσαι τὸν Ἐμπεδοκλέα καὶ δύο τινὰς ποταμοὺς τῶν σύνεγγυς ἐπαγαγεῖν ἰδίαις δαπάναις: καὶ καταμίξαντα γλυκῆναι τὰ ῥεύματα. οὕτω δὴ λήξαντος τοῦ λοιμοῦ καὶ τῶν Σελινουντίων εὐωχουμένων ποτὲ παρὰ τῷ ποταμῷ, ἐπιφανῆναι τὸν Ἐμπεδοκλέα: τοὺς δ᾽ ἐξαναστάντας προσκυνεῖν καὶ προσεύχεσθαι καθαπερεὶ θεῷ.

...acometendo aos  selinuntios (habitantes de Selinunte ou Agrigento, unha das cidades máis importantes da Magna Grecia, Sicilia) unha peste polo fedor dun río próximo corrompido, de modo que non só morrían, senón que tamén se lles dificultaban os partos ás mulleres, discorreu  Empédocles conducir a el a costa súa dous dos ríos máis inmediatos, con cuxa mestura se  dulcificaron as augas. Cesada a peste, e achándose os  selinuntios  facendo unha festa ás beiras do río, apareceu alí  Empédocles; e eles, levantándose, adorárono e ofrecéronlle os seus votos como a un deus. (VIII, 2, 70)

Deixando de lado o que de lendario e fantasioso poida ter o relato, hai un fondo histórico. Durante o asedio de Agrigento, o xeneral cartaxinés Aníbal Magón (non confundir con Aníbal Barca) e moitos dos seus soldados pereceron por mor dunha peste, corría o ano 406 a. C.

Unha vez máis confírmase que guerra e peste son, de xeito habitual, aliadas.

FONTES:

http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.01.0257%3Abook%3D8%3Achapter%3D2     

https://www.biografiasyvidas.com/biografia/e/fotos/empedocles_1.jpg



page | by Dr. Radut