Skip to Content

Abril 2018

A ESTACIÓN

Onda nós nunca pasan os trens.
só chegan ou parten.
Por iso tamén somos nósvillalta
a nosa última estación
o noso amor definitivo.

Así podemos marchar
no único sentido posíbel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extrañas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.

Onde nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.en concreto

Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido en nós.

 

Luísa Villalta (1957-2004) in En concreto (2004)

 

 



page | by Dr. Radut