Skip to Content

Maio 2016

XA SABEDES

Xa sabedes,
hei seguir cantando o que me peta,
botando fóra o que me morde o peito.

Xa sabedes,
chamareille as cousas polo nome:
ao pan pan e ao viño viño
Caín a quen nos mata nos camiños
ladrón a quen nos rouba o pan e hastra o alento
fillo sen nai a quen non sufre o dor
dos que sofriron medos e cadeas,
papanatas, lambóns e burricallos
os lamecús sen tasa pra ir tirando,
malandríns, teixugos, lobos, hienas,
cobra retorta, morcego chupasangues,
verme sen ollos e alacrán maldito
a quen aldraxa e asoballa os pobos.

Son home
e non calo.

Hei seguir cantando o que me peta
pois se non canto e berro
    hastra arrebento.
                       E non quero.

Xa sabedes.

 Lueiro Rey, Manuel (1916-1990), Derradeira escolma ferida.


page | by Dr. Radut