Skip to Content
Versión para impresora

Viaxe á Rioxa do alumnado do STEMBach

21 Nov 2019
24 Nov 2019
Etc/GMT+1

Esta semana o alumnado de 1º e 2º do Bacharelato STEM viaxa á Rioxa para documentarse de cara á elaboración do seu traballo de investigación. O destino da viaxe de estudos é o Instituto de Ciencias de la Vid y el Vino, así como as adegas Cune e Ramón Bilbao.

Pero as imaxes que nos chegan indican que haberá lugar tamén para as visitas culturais, tales coma os mosteiros de Yuso e Suso, San Millán de la Cogolla e Santo Domingo de la Calzada, as catedrais de Burgos e León, unha parada no xacemento de Atapuerca, e prevese a asistencia a unha obra teatral para unha das veladas logroñesas.

Picade no título para avanzar páxinas se queredes ver máis imaxes, que iremos subindo conforme nos vaian chegando.

Premios San Clemente 2019

19 Nov 2019 00:00
Etc/GMT+1

Ana Castro, Noa Cores, Iago Fraga, Ana Fuertes, María Núñez e Adrián Rey, alumn@s de 2 Bacharelato, participan como xurado na XXV edición do Premio San Clemente de novela.
Onte reuníronse no IES Rosalía de Castro co resto do xurado para elixir e posteriomente comunicar en roda de prensa as obras gañadoras nas tres modalidades da convocatoria. En data aínda por determinar participarán no acto de entrega de premios e posterior encontro cos autores galardonados.

Tedes aquí a ligazón á noticia completa.

 

 

Magosto 2019

Deixámosvos algunhas xornadas da festiva xornada deste magosto nesta páxina do blogue de Normalización Lingüística.

http://poetadaraza.blogspot.com/2019/11/musica-castanas-baile-concursos-bo.html

 

 

Cinema en francés

 

Desafiando ó mal tempo, o alumnado de Francés do Cabanillas arrancou o xoves 14 cara Vigo para asistir á proxección da película Swagger. A actividade estaba enmarcada dentro do Fiestinema, que organiza anualmente a Alianza Francesa.

Actividades complementarias

15 Nov 2019 12:30
15 Nov 2019 14:30
Etc/GMT+1

 MAGOSTO 2019

 

Para seguir mantendo a tradición, o vindeiro VENRES, dia 15 de Novembro, celebraremos unha nova edición do MAGOSTO.

Ao longo das dúas últimas horas de clase (entre ás 12:30 e as 14:30), alumnado, ANPA, profesorado e persoal non docente poderán participar nas seguintes actividades:

- ASADO DAS CASTAÑASque correrá a cargo do noso entrañable ex-conserxe Graciano, axudado polo profesorado.

- CONCURSO E VENDA DE POSTRES: Os postres serán presentados no departamento de Orientación a 1ª hora. Unha vez emitido o fallo do xurado -composto por profesores (2), un representante do Departamento de Orientación (1), membros da Anpa (2), persoal non docente (1)-, os postres poderán ser vendidos en porcións para recadar fondos destinados á excursión de 4º de ESO.

Concederánse,ademais, 3 premios aos mellores postres.

 - CONCURSO FOTOGRÁFICO, aberto a todo o alumnado do centro.

Os traballos versarán sobre temas relacionados co ‘outono’ e optarán aos 3 premios que concederá o xurado composto por profesores (2), membros da Anpa (2), persoal non docente (1).

O formato mínimo de presentación das fotografías: 24 x 18 cm. A inscrición, as impresións sobre papel e a entrega faranse na Conserxería.

- XOGOS POPULARES para o alumnado da ESO que estarán organizados polo departamento de Educación Física.

- ACTIVIDADES DE XADREZorganizadas por Xurxo, profesor de Xadrez.

- ACTUACIÓNS MUSICAIS, coordinadas por Almudena, profesora de Música.

Calendario escolar de Ramón Cabanillas

Desde o EDLG, para contribuír á vida do centro en galego, elaboraron este fantástico calendario de planificación semanal, acompañado dalgunhas notas sobre a lingua na poesía de Ramón Cabanillas.

Animámosvos a descargalo dende aquí para empregalo, por exemplo, nos taboleiros das aulas para marcar datas de exames e entregas de traballos, ou nos vosos espazos de estudo na casa.

 

COMEZO DAS CLASES

 Trala visita da Unidade Técnica da Consellería de Educación, determínase o inicio das clases pola orde que segue:

  • Mércores 18 - STEMbach

  • Xoves 19 - 2º de Bacharelato co seu horario normal

  • Venres 20 - 1º de Bacharelato co seu horario normal

  • Luns 23 -  tódolos cursos da ESO co seu horario normal

 

 

 

CALENDARIO DE INICIO DA ACTIVIDADE ESCOLAR

Conforme á información de que dispoñemos agora mesmo, anunciamos as presentacións do alumnado para a vindeira semana, na orde que se indica.

Tódalas presentacións terán lugar no Salón de Actos, e ó seu remate o alumnado regresará para as súas casas.

Luns 16: 
                10:00.- Presentación 1º ESO
                11:00.- Presentación 2º ESO
                12:00.- Presentación 3º ESO
                13:00.- Presentación 4º ESO

Martes 17:
                 9:00.- Presentación 1º Bacharelato
                10:00.- Presentación 2º Bacharelato

Libros de texto para o curso 2019-20

 

 

Consultade nos anexos as listaxes de libros para este curso que comeza.

 

FELIZ VERÁN

Despedimos outro curso máis, cansos mais moi satisfeitos.

Dende o IES Ramón Cabanillas queremos felicitar a toda a comunidade educativa por este ano de boa convivencia e de tanta actividade.

 

Lembrade formaliza-las vosas matrículas! As obras no edificio comenzarán en breve pero agardamos que non interfiran nos trámites.

 

Desexámosvos a todos un moi feliz verán.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut