Skip to Content

Becas e axudas

Versión para impresora

Bolsas NEAE 2024-2025

 

 

Bo día, familias.

Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro pódese solicitar as BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO DO MEC para o vindeiro curso 2024 – 2025.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica e entregarase o impreso resultante na secretaría do centro.

Nas seguintes ligazóns tendes máis información:

INFORMACIÓN

SOLICITUDE

BECAS MEC: PIDE XA A TUA BECA

 

Bo día, familias.

Do día 19 de marzo ao 10 de maio pódense solicitar as BECAS do MEC para a realización de estudos postobrigatorios e universitarios (Universidade, Bacharelato, Ciclos de FP de grao básico, medio e superior, Escola de Idiomas, Ensinanzas artísticas e deportivas, etc.) para o vindeiro curso 2024 – 2025.

Ao igual que na convocatoria anterior, deberás cumprimentar a solicitude aínda que non saibas as notas, se titula ou non, ou que estudos realizarán o próximo curso. Estes datos serán provisionais e poderanse modificar máis adiante.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica.

As BECAS NEAE aínda están pendentes de ser publicadas.

Na seguinte ligazón tedes máis información:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Un saúdo,

Departamento de Orientación.

Bolsas NEAE

 

Bo día, familias.

Desde o 8 de maio ata o 20 de setembro pódese solicitar as BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO DO MEC para o vindeiro curso 2023 – 2024.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica e entregarase o impreso resultante na secretaría do centro. O departamento de orientación do centro estará á vosa disposición para axudarvos nas dúbidas na tramitación.

Nas seguintes ligazóns tendes máis información:

BOLSA NEAE

SOLICITA AQUÍ A TÚA BOLSA

 

Bolsas MEC: Pide agora a túa bolsa

Bo día, familias.

Desde hoxe e ata o 17 maio pódese solicitar as BECAS do MEC para a realización de estudos postobrigatorios e universatarios (Universidade, Bacharelato, Ciclos de FP de grao básico, medio e superior, Escola de Idiomas, Ensinanzas artísticas e deportivas, etc.) para o vindeiro curso 2023 – 2024.

Ao igual que na convocatoria anterior, deberás cumprimentar a solicitude aínda que non saibas as notas, se titula ou non, ou que estudos realizarán o próximo curso. Estes datos serán provisionais e poderanse modificar máis adiante.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica.

As BECAS NEAE aínda están pendentes de ser publicadas, e poden ser solicitadas xunto con estas becas xerais.

Nas seguintes ligazóns tendes máis información:

Máis información. Estudos NON universitarios

·   Máis información. Estudos UNIVERSITARIOS

SOLICITA AQUÍ A TÚA BECA

Por último lembrade que se tendes algunha dúbida está á vosa disposición o Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut