Varios

BENVIDA

 

 Benvid@s á web

do IES de Quiroga

 

   

Ligazóns aos

blogs

do centro:

Biblioquiroga

Libromanía en Quiroga

Donas

 

 

  

Imaxe do centro

Ligazón á Radio na Biblio:

 

 

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2023/2024

Ábrese o prazo para solicitar as axudas do fondo de libros e material escolar para o vindeiro curso 2023-2024. Dito prazo abrangue ata o 21/06/2023.

Formas de presentación:

- En papel de xeito presencial no centro educativo.

- Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Información de interese (facer click no nome para consultala)

- Calendario

- Publicación no DOG

MATERIAL QUÉROTE +

Mira aquí este vídeo da actividade.

ÚLTIMA HORA

Sara Casanova, alumna de 2º de BAC, resultou gañadora da II edición do Concurso de Videopoemas da Casa Museo Manuel-María, cunha recreación audiovisual de "Negra sombra".

No enlace superior podedes ver os dous vídeos gañadores.

Parabéns! 

O Eco do Val 2017-2018. Novas na rede (Escola de Prensa)

Entrevista a Xurxo Souto: "Somos un pobo de artistas", por Ariadna del Pont, Mario González e Carlos González (4º ESO).  
 Encontro Al sur de la alameda, por Emily González Gallego (1º BAC).  
Unha viaxe á Quiroga de metade do século XX, por Carlos J. González Gómez (4º ESO).  
O que hai que saber sobre os incendios, Débora Fernández (4º ESO) e Paula González (1º BAC).  
Unha viaxe pola ciencia, Lola Rodríguez Arza (4º ESO).  
Cal ti es, así me dis, Emily González Gallego (1º BAC).  
Arte na Coruña, Manuel Alba Sánchez (1º BAC).  
Saída a Sotavento, Saúl Fernández Rodríguez (4º ESO).  
Unha cor para a igualdade, Paula Victoria Quijada Rodríguez (1º BAC).  
Sad Brown Gils, alumnado de 3º da ESO e Nelson Avilez.  
Entrevista a Manel Cráneo: "Non é necesario ser un gran debuxante para ser un bo autor de cómic",  por Ariadna del Pont, Mario González e Carlos González (4º da ESO).  
A tecnoloxía do lume e da auga, por Alberto Losada e Paula González (1º BAC).  

 

O ECO DO VAL (edición maio 2017) en versión dixital

O xornal que elaborou o alumnado de 3º e 4º da ESO o curso pasado, dentro da convocatoria Escola de Prensa do diario El Progreso, xa pode consultarse na rede. Aquí tedes o enlace.

 

PUBLICACIÓN EN COLABORACIÓN COA CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN

O 21 de decembro presentouse no salón de actos da Real Academia Galega o caderno que recolle a versión ilustrada do conto "Las medias rojas" de Emilia Pardo Bazán. Os debuxos que acompañan o texto foron realizados por alumnado deste centro educativo ao longo do primeiro trimestre do curso 2016-2017. Esta actividade, promovida dende a Biblioteca Escolar, materializouse grazas á colaboración do Departamento de Lingua Castelá e do Departamento de Educación Plástica e Visual, e á creatividade dos rapaces e rapazas que convertiron en imaxes o texto desta autora. Ademais de todas as persoas que participaron activamente no desenvolvemento desta proposta, onte estiveron presentes no acto de presentación Marilar Aleixandre e Xulia Santiso, en representación da RAG e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, respectivamente, e unha boa parte do alumnado de BAC do IES de Quiroga.

Parabéns aos autores e autora das ilustracións finalmente seleccionadas (Aarón Esteves, Paula González, Luis Emilio Núñez, Mario Quiroga e Pedro Sánchez) e ao responsable da edición e autor do debuxo da portada, Patxi Jaureguízar.

Os medios locais reseñan a presentación na Casa Museo Emilia Pardo Bazán como podedes ver neste enlace.

 
   

ÚLTIMA HORA!! Tamén saímos no Telexornal noite da Televisión de Galicia do luns 8 de xaneiro!! Velaquí tedes o vídeo da nova. Se non tedes un exemplar do caderno coa versión ilustrada de Las medias rojas (é unha edición limitada), podedes acceder á nosa publicación na rede, neste enlace.

 

Cuestionario lingüístico (profesorado)

Cubre o cuestionario e dalle a Enviar ao rematar.

Cuestionario lingüístico (alumnado)

Cubre o cuestionario e dalle a Enviar ao rematar.

Adxudicación do servizo de cafetería do IES de Quiroga.

Seguindo a instrución 4/2016 do 30 de maio de 2016, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Quiroga coas seguintes INSTRUCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Quiroga recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2016-2017". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.

  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: xoves 22 de setembro

PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o venres 23 de setembro ata o xoves 6 de outubro

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: venres 7 de outubro

POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 13 de outubro

Gravacións dos Sonetos ao Val de Quiroga


Estas gravacións foron feitas entre o 4 e o 11 de abril de 2016 por alumnos, profesores e persoal non docente do IES de Quiroga.

Como detalle especial, e aproveitando a súa visita ó centro, Xosé Estévez, autor do prólogo do libro, gravou o derradeiro deles.

Grazas a todos/as pola vosa colaboración!

 

1 - Quiroga fáloche a ti para preguntar
(Ramón Latas)

  2 - Púcaro de mel, cunca de pureza
(Lucía Visuña)
 3 - Tribo de meu, fermosa e silandeira
(Miguel Delpont)
 

 4 - Terra de noso, carnal e apaixonada
(Ariadna Del Pont)

5 - A miña avoa Consuelo, A Quiroguesa
(Lola Rodríguez)

  6 - Escuras serras da Moá e do Caurel
(Carlos J. González)

 7 - Ribas do Sil, lembranzas dun mosteiro
(Pilar Nogueira)

  8 - Vila de San Martiño, íntima e breve
(Josefa López)

 9 - Tabernas do Tiberio e do Peniche
(Sabela García)

   10 - Vello Sil das canciós e as aureanas
(Suso Manteiga)

 11 - Meu río Quiroga, pequeno e algareiro
(Saray Núñez)

   12 - ¡Ouh rumoroso Lor das augas claras
(María Xosé López)

 13 - Viño quirogués, gustoso de beber
(José Espinosa)

   14 - Noutro tempo pasado e lexendario
(Eva Teijeiro)

 15 - Aló, no Hospital, o castro de Ar Maior
(Andrea Pérez)

   16 - Cando o vrao é xa froito maduro
(Melisa Pérez)

 17 - Torre Penela, Quirogas e Lamelas
(Emily González)

   18 - O Sil está, en Sequeiros, encorado
(Adrián Álvarez)

 19 - ¿Qué foi das vellas cazatas tan xentís
(Álex Ferreiro)

   20 - Torre ruinosa, triste, silandeira
(Paula González)

 21 - Pequeno e vello, ti, Montefurado
(Adriana Pérez)

  22 - Fosco Piapáxaro que ollas montes sós
(Alicia Chao) 

 23 - Na compaña de Saleta eu descubrín
(Mario González)

   24 - ¡Ouh sombrío Hospital de fértil chan
(Julia Álvarez)

 25 - Castiñeiros do Val, meus castiñeiros
(Marta Rellán)

   26 - Limoeiro florido e sorprendente
(Marta Campos)

 27 - Por dentro vas calada e consumida
(Beatriz Veiga)

  28 - Antergas vides chantadas no torrón
(César Durán)

 29 - Quiroga, miña queiruga montesía
(Lucía Fierro)

 

 30 - Pídoche a ti, Quiroga, os teus outonos
(Xosé Estévez)

Distribuir contido