PUBLICACIÓN EN COLABORACIÓN COA CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN

O 21 de decembro presentouse no salón de actos da Real Academia Galega o caderno que recolle a versión ilustrada do conto "Las medias rojas" de Emilia Pardo Bazán. Os debuxos que acompañan o texto foron realizados por alumnado deste centro educativo ao longo do primeiro trimestre do curso 2016-2017. Esta actividade, promovida dende a Biblioteca Escolar, materializouse grazas á colaboración do Departamento de Lingua Castelá e do Departamento de Educación Plástica e Visual, e á creatividade dos rapaces e rapazas que convertiron en imaxes o texto desta autora. Ademais de todas as persoas que participaron activamente no desenvolvemento desta proposta, onte estiveron presentes no acto de presentación Marilar Aleixandre e Xulia Santiso, en representación da RAG e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, respectivamente, e unha boa parte do alumnado de BAC do IES de Quiroga.

Parabéns aos autores e autora das ilustracións finalmente seleccionadas (Aarón Esteves, Paula González, Luis Emilio Núñez, Mario Quiroga e Pedro Sánchez) e ao responsable da edición e autor do debuxo da portada, Patxi Jaureguízar.

Os medios locais reseñan a presentación na Casa Museo Emilia Pardo Bazán como podedes ver neste enlace.

 
   

ÚLTIMA HORA!! Tamén saímos no Telexornal noite da Televisión de Galicia do luns 8 de xaneiro!! Velaquí tedes o vídeo da nova. Se non tedes un exemplar do caderno coa versión ilustrada de Las medias rojas (é unha edición limitada), podedes acceder á nosa publicación na rede, neste enlace.