Adxudicación do servizo de cafetería do IES de Quiroga.

Seguindo a instrución 4/2016 do 30 de maio de 2016, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Quiroga coas seguintes INSTRUCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Quiroga recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2016-2017". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.

  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: xoves 22 de setembro

PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o venres 23 de setembro ata o xoves 6 de outubro

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: venres 7 de outubro

POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 13 de outubro