Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA DE BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de convocar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específas de apoio educativo (NEAE) para o curso 2022-23. Deben solicitarse a través da Sede Electrónica e, unha vez xerado o documento PDF, presentalo no centro de ensino no que se matricule o alumno ou alumna, xunto coa documentación que se requira.

Prazo de presentación: desde o 19 de maio ata o 30 de setembro.

Poden consultar máis información nas seguintes ligazóns: 

PRESENTACIÓN CURRÍCULOS EDUCATIVOS GALICIA

Na seguinte ligazón poden atopar información relativa ás materias que se impartirán, a partir do curso 2022-23 nos centros educativos de Galicia: 

Presentación currículos educativos Galicia

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O mércores, 18 de maio, foi publicada no  DOG ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a p

USO DA MÁSCARA NO CENTRO EDUCATIVO

Estimadas familias: desde o día 21 de abril, e con caráctar xeral, non é obrigatorio o uso de máscaras na maioría dos espazos interiores, incluíndo os centros educativos. Non obstante, a Consellaría de Educación publicou unhas directrices onde si se recomenda que se empreguen nalgúns casos, deixando sempre como última opción a decisión particular do usuario. 

CALENDARIO EXAMES PENDENTES CURSO 21_22

Publícase o calendario coas datas actualizadas dos exames de materias pendentes. 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O CURSO 2022-2023

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

PROBAS PENDENTES _ 2ª CONVOCATORIA

Publícase o calendario de pendentes da 2ª convocatoria. Teñan en conta que se trasladaron as probas ao horario de mañá.

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Na seguinte ligazón poden encontrar información de interese sobre o prazo de admisión do alumnado para o curso 2022-2023

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes

Ola, no adxunto temos dipoñible a orde para a distribución de mascarillas entre o alumnado. Os criterios son os mesmos que para os perceptores de axuda a libros. A solicitude das mesmas tramítase desde a secretaría do centro.

Saúdos, 

Alejandro

Distribuir contido


by Dr. Radut