Skip to Content

USO DA MÁSCARA NO CENTRO EDUCATIVO

Estimadas familias: desde o día 21 de abril, e con caráctar xeral, non é obrigatorio o uso de máscaras na maioría dos espazos interiores, incluíndo os centros educativos. Non obstante, a Consellaría de Educación publicou unhas directrices onde si se recomenda que se empreguen nalgúns casos, deixando sempre como última opción a decisión particular do usuario. 

"Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de medidas de protección que, ao longo da pandemia, téñense amosado eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións seguen a ter un alto valor protector. Con todo, débese ter en conta que nos centros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable. Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro". 

Na seguinte ligazón poden acceder ao texto completo: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf



book | by Dr. Radut