Skip to Content

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O mércores, 18 de maio, foi publicada no  DOG ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

 

Prazo de solicitude para solicitar esta axuda: do 19 de maio ao 20 de xuño

 

O IES da Pobra contará para o vindeiro curso, 2022-23, co Proxecto E-DIXGAL (libro dixital) en 1°ESO e 2ºESO, polo que, segundo a Orde do fondo solidario, o alumnado matriculado nos cursos de E-DIXGAL está excluído da participación no fondo solidario de libro de texto, pero si poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

 

Poden acceder a máis información nas seguintes ligazóns

 

Convocatoria Fondo Libros

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/



book | by Dr. Radut