Skip to Content

Recomendámosche

COMEZAMOS CO CLUB DE XADREZ

Este pasado xoves comezamos as reunións do Club de xadrez. O equipo da biblioteca quere agradecer ao profesor Ventoso a súa axuda e ao profesor Manuel Barros a súa colaboración co noso centro.

As reunións serán todos os xoves de 16.30-17.30 e posteriormente xogarase un campionato nos recreos.

RIBEIRA, UN LUGAR, MIL MUNDOS

Por segundo ano consecutivo realizamos a actividade Un lugar, mil mundos

CONTRA O RACISMO. LECTURAS E PELÍCULAS RECOMENDADAS

 

 

Tedes á vosa disposición unha selección de libros e películas que tratan o tema do racismo. Podedes velas na exposición que hai na Biblioteca do centro.

CONCURSO DE RELATO CURTO

Presentamos o I Concurso de relato curto do IES Nº1. O prazo de entrega remata o día 11 de febreiro e ten como tema o entroido.

No seguinte enlace tedes as bases.

CADRO DE LECTURAS DO IES Nº1

No seguinte arquivo tedes unha listaxe de todas as lecturas, tanto obrigatorias como recomendadas, nas diferentes materias.

QUERES XOGAR AO XADREZ?

A PARTIR DE FEBREIRO XOGAREMOS UN CAMPIONATO NOS
RECREOS.

NO MES DE XANEIRO IMPARTIRANSE CLASES PARA AQUELES DE VÓS QUE QUEIRADES APRENDER.

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!

Hai tempo que elaboramos esta guía de lectura que recuperamos agora enlazando coa proposta de Bibliotecas escolares para este curso.

De todas as guías propostas tedes copia en papel na biblioteca.

Agardámosvos na biblio!!

 

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

No seguinte enlace tedes unha guía con recomendacións para o Nadal. Esperamos que vos gusten!

Distribuir contido


Eventos

« Novembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
by Dr. Radut