Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

RIBEIRA, UN LUGAR, MIL MUNDOS

Por segundo ano consecutivo realizamos a actividade Un lugar, mil mundos, que ten como obxectivo que o noso alumnado coñeza os países e costumes do alumnado estranxeiro. Este curso contamos con Soad e Nahid de 2º e 1ºESO respectivamente, e con Amine de 4ºESO, aos que lle agradecemos a súa colaboración e interese en traballar con nós neste proxecto.

 

 Ademais, colocouse este mapamundi na entrada do instituto no que están representados os países de procedencia do noso alumnado estranxeiro, co que pretendemos darlle a benvida e facer do noso centro un lugar de acollida e intercambio de culturas que nos enriquecerá a todos. O equipo da Biblioteca quere agradecer á profesora Ana Belén o seu traballo e o do seu alumnado para a creación do mapamundi, a Juan Gago a súa idea, e aos conserxes a súa axuda para que todo chegase a bo fin.

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut