INFORMACIÓN IMPORTANTE. MODIFICACIÓN NA RECOLLIDA DE NOTAS E SOBRES DE MATRÍCULA.
Modificación da recollida de notas e sobres de matrícula.
· Por mor do novo rebrote de Covid-19, as notas serán enviadas pola aplicación Abalar.
· O profesorado atenderá o alumnado que queira revisar as cualificacións o 26 de xuño, previa petición de cita no teléfono 881866904.
· Os sobres de matrícula recóllense de forma presencial na conserxería do centro a partir do día 25 de xuño en horario de mañá (de 9:00h a 14:00h) e os días 29 e 30 de xuño tamén pola tarde (de 16:00h a 19:00h). Os sobres de matrícula estarán colgados a título informativo na páxina web do centro.
· O día 29 de xuño o alumnado de 4º ESO que se matricule en 1º BAC e queira recibir información sobre as opcións de matrícula poderá acudir ao centro ás 10:00h.
o 4º ESO A: Aula 001
o 4º ESO B: Aula 101
o 4º ESO C: Aula 112
· O día 30 de xuño o alumnado de 1º BAC que se matricule en 2º BAC e queira recibir información sobre as opcións de matrícula poderá acudir ao centro ás 10:00h.
o 1º BAC A: 001
o 1º BAC B: 101
o 1º BAC C: 106
o 1º BAC D: 112
· A matrícula entregarase na secretaría do centro nos prazos establecidos.
- 30 de xuño, 1 e 2 de xullo: 2º de Bacharelato
- 3 e 6 de xullo: 1º de Bacharelato
- 7 de xullo: 4º ESO
- 8 de xullo: 1º ESO
- 9 de xullo: 2º ESO
- 10 de xullo: 3º ESO
Non obstante, estaremos pendentes de posibles modificacións motivadas polas alertas sanitarias.