Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

SAÍDA ARQUEOLÓXICA POLO BARBANZA

Dentro da Semana Cultural do centro para este 2024, o alumnado de primeiro da ESO fixo hoxe unha saída didáctica polo Barbanza. 

O alumnado de 1ºESO desfrutamos dunha interesante andaina polos montes do Barbanza para visitar o rico patrimonio co que conta a zona. Comezamos a visita no local da Comunidade de Montes de Baroña onde nos ensinaron os diferentes usos e aproveitamentos dos seus montes e desde alí comezamos unha ruta circular para coñecer unha miguiña do patrimonio de Baroña. Continuamos pola Igrexa de San Pedro de Baroña, o seu reloxo de sol e o seu adro, desde onde puidemos observar tamén a casa reitoral e o pombal, que na actualidade pertence á familia dos Gaciños, xunto co Iglesario. Seguimos o percorrido cara á aldea de Penas, onde fixemos unha parada para ver un sartego de pedra situado nun terreo de propiedade privada que pertence ós do Ferreiro, e logo seguimos desde alí cara ao entorno dos muíños e a capela de San Tomé onde visitamos os restos de sete muíños de pedra e as ruínas da capela de San Tomé de Montemuíño. A historia historia de San Tomé e os dezmos de lentellas encantounos!!!!. Para rematar a ruta seguimos polo alto da Lomba cara ao monte Gurita para ver varios gravados rupestres, entre eles o puñal de Lamatrema e o gran panel da Gurita, onde se poden ver debuxados na rocha un número elevado de cervos e a figura dun sol. Rematamos a visita no local da Comunidade de Montes de Baroña onde despedimos ós nosos guías Manuel Mariño e Ovidio Queiruga, aos que lle agradecemos o seu traballo!!!



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut