Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Alumnado de 2º Bach. Adultos: “Encontros Virtuais” da USC

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais”  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

 

Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

 

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

 

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Rogámoslle que comunique este enlace dos encontros ó estudantado do seu centro.

 

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

 

o    Presentacións das titulacións

 

o    Obradoiros, Retos, etc.

 

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

 

o    Pílulas relacionadas coa titulación

 

o    Concursos

 

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

 

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut