Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Novas

Novas

CLUBS DE LECTURA

O pasado martes 24 de xaneiro, reuniuse o club de lectura de 4º ESO e Bacharelato para comentar o poemario Masculino singular de Carlos Negro. 

Contando a Castelao no CEIP de Palmeira

 

Hoxe quedamos encantados co recibimento que nos fixeron no cole de Palmeira. Achegámonos alá para lles contar aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria as historias de Retrincos e tamén un par de "Cousas" e así entre todos ir coñecendo algo máis da vida e da obra de Castelao. 

 

SEMANA DE CASTELAO

O  30 de xaneiro conmemórase o aniversario de Castelao. Con este motivo, desde o EDLG organizamos algunhas actividades que se van desenvolver durante esta semana.

CONCURSO "ILUSTRA 2017"

O EDLG convoca o concurso de ilustración para o calendario de 2017. Os traballos, de formato libre, poden entregarse ata o 29 de novembro. Tendes todos os datos no cartel que vai a continuación. 

VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, que reivindica o dereito a gozar da ciencia en lingua galega. Este ano está dedicado á Bioloxía, xa que a ONU declarou 2016 como o Ano Internacional dos Legumes.

No noso centro temos dúas exposicións dedicadas ás mulleres na ciencia: "A muller innovadora da ciencia" e "Mulleres e ciencia" que contan con cadanseu cuestionario para que poidan traballarse nas aulas. As exposicións estarán ata o día 20 de novembro.

CONTOS DE DEFUNTOS

Hoxe, 2 de novembro, é o Día de Defuntos e no noso centro imos dedicalo a contar historias de misterio, aparecidos, Santa Compaña... Para iso, alumnado de 3ª ESO estivo preparando uns contos tradicionais e populares que irá contar ás aulas de 1º ESO e os de 4ª ESO van contar relatos de autores como Méndez Ferrín, Rafael Dieste, Fernández Paz... ao alumnado de 2º ESO. 

LECTURAS CON AGUSTÍN

Este curso desde a Biblioteca e o EDLG imos homenaxear a Agustín Fernández Paz creando un club de lecturas dos seus libros destinado a toda a comunidade educativa. Tendes a información sobre as datas no arquivo adxunto.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O noso centro vai participar un ano máis na videoconferencia organizada con motivo do Día da Ciencia en Galego. Serán os alumnos e alumnas de 4º ESO os que baixen ao salón de actos ás 12:30 para gozar coa charla de Xurxo Mariño.

 

 

Intercambio do IES Ánxel Fole

Aquí temos a primeira foto da viaxe que fixemos a Lugo para coñecer ao alumnado do IES Ánxel Fole. A próxima foto nas Dunas!

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut