Skip to Content

VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, que reivindica o dereito a gozar da ciencia en lingua galega. Este ano está dedicado á Bioloxía, xa que a ONU declarou 2016 como o Ano Internacional dos Legumes.

No noso centro temos dúas exposicións dedicadas ás mulleres na ciencia: "A muller innovadora da ciencia" e "Mulleres e ciencia" que contan con cadanseu cuestionario para que poidan traballarse nas aulas. As exposicións estarán ata o día 20 de novembro.



page | by Dr. Radut