Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Tecnoloxía

Este mércores ás 20:30h proxectaranse na Mostra de Curtas de Noia as curtametraxes "Ladróns de Soños" e "Se que tengo razón"

O mércores día 16 de Decembro ás 20:30h proxectaranse no Coliseo de Noela de Noia as curtametraxes "Ladróns de Soños" e "Sé que tengo razón" feitas por alumnos do noso instituto. As entradas custan 3 euros ( 2,40 euros para estudantes). Animádevos a ir!

A gala de entrega de premios, conducida por Federico Pérez e Touriñan,  será o sábado ás 10 de noite.

Antía Varela e Pablo Sampayo finalistas na Mostra de Curtas de Noia

As curtametraxes "Ladróns de soños", de Antía Varela e "Sé que tengo razón", de Pablo Sampayo, foron seleccionadas entre as once finalistas da Mostra de Curtas de Noia na sección de Mellor Curta Galela Amateur. Parabéns aos dous!!!!

8 CURTAMETRAXES DO IES Nº1 DE RIBEIRA PARTICIPAN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE

Oito curtametraxes realizadas nos últimos anos no noso instituto, case todas elas finalistas ou gañadoras no noso Festival Audiovisual, foron seleccionadas para participaren na VI edición do Certame Ouff Escola, que forma parte do prestixioso Festival Internacional de Cine de Ourense.

Programación didáctica para o curso 2015/16

Nos arquivos adxuntos pódese consultar a programación didáctica do departamento de Tecnoloxía para este curso 2015/16. Nesta programación están recollidos os contidos, obxectivos, criterios de cualificación,... para todos os cursos e materias deste departamento.

FINALISTAS NO OLLOBOI 2015

     Dúas curtametraxes do noso instituto conseguiron meterse na final do festival Olloboi 2015, no que competían con outros 150 traballos de toda Galicia.

IV FESTIVAL AUDIOVISUAL

IV FESTIVAL AUDIOVISUAL

Os nosos alumnos son premiados no VII Concurso Galego de Robótica

Os alumnos de 4º da ESO  María Álvarez Vizcaya, José Joaquín Baz Pena, Nerea Enríquez Fernández e Nuria Oujo Míguez acadaron o segundo premio do VII Concurso Galego de Robótica. O venres fomos a Coruña recoller o premio.

VII Concurso Galego de Robótica

O IES Nº 1 de Ribeira vén de participar no VII Concurso Galego de Robótica, no que compiten 40 centros educativos e máis de 1300 estudantes de Tecnoloxía. Os nosos alumnos de 4º da ESO situáronse na primeira posición e permanecen nela tras tres días de concurso. O grupo de 1º de BAC acadou o martes a segunda posición e a día de hoxe ocupa a terceira. O venres 6 de febreiro finaliza o concurso sendo a entrega de premios ás seis da tarde na Coruña.

Programación didáctica para o curso 2014-15

No arquivo adxunto pode consultarse a programación didáctica do departamento de tecnoloxía para este curso. Neste documento poderedes atopar: contidos, obxectivos, criterios de avaliación e cualificación,... para todas os cursos e materias do departamento.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut