VII Concurso Galego de Robótica
O IES Nº 1 de Ribeira vén de participar no VII Concurso Galego de Robótica, no que compiten 40 centros educativos e máis de 1300 estudantes de Tecnoloxía. Os nosos alumnos de 4º da ESO situáronse na primeira posición e permanecen nela tras tres días de concurso. O grupo de 1º de BAC acadou o martes a segunda posición e a día de hoxe ocupa a terceira. O venres 6 de febreiro finaliza o concurso sendo a entrega de premios ás seis da tarde na Coruña.
Aí van unhas fotiños...
No seguinte enlace pódese consultar toda a información e a clasificación diaria:
http://www.igaciencia.eu/drupal7/
Tamén deixamos outro enlace no que podedes ver a reportaxe que fixo a TVG e na que entrevistan a algúns alumnos do noso centro.