O IES Nº 1 de Ribeira foi seleccionado como centro e-dixgal nos cursos 1º e 2º de ESO.
Iso supón que o material na maioría das materias será dixital e non haberá que comprar libros neses cursos (salvo en dúas materias), pois os alumnos contarán con acceso gratuíto a ditos materiais. Isto implica a anulación das axudas de libros (non as de material) neses cursos.
Ao comezo de curso explicarase este proxecto máis polo miúdo.