You are hereActividades

Actividades


Festaxamos o día das letras galegas

O venres 20 de maio festaxamos o día das letras galegas con diferentes actividades: concurso de deseño de camiseta conmemorando a Manuel María, probas deportivas, un photocall deseñado polo alumnado do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica e un concerto do grupo musical "Chotokoeu".

 

Convenio de colaboración co concello de Cambados

O concello de Cambados e o IES Montecelo asinan un convenio para a cesión de vehículos abandonados no depósito municipal ao centro, concretamente para as ensinanzas da FP básica de mantemento de vehículos.

 

Coñecendo a realidade do pobo saharaui

Dous membros da asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui - SOGAPS" visitaron hoxe, 18 de maio, o noso centro para dar a coñecer a realidade que vive o pobo saharaui e o programa de acollida "Vacacións en paz".

 

Visita do CEIP Príncipe Felipe

Alumnado do CEIP Príncipe Felipe visita as aulas do ciclo de Farmacia e Parafarmacia para coñecer como funciona unha farmacia e os diferentes pasos que hai que seguir nun laboratorio para poder elaborar un xabón ou unha crema. Moitas grazas pola vosa visita!

Visita técnica a empresas do sector de artes gráficas

Alumnado e profesorado do departamento de Artes Gráficas desprázanse a Oporto para realizar unha visita técnica a empresas do sector, concretamente a "Multitema-soluçôes De Impressâo SA" e "Calheiros Embalagens". ´Tamén achegaranse ao "Museu Nacional da Imprensa".

Rumbo a Salamanca

Alumnado e docentes da FP Básica desfrutan estes días dunha viaxe a Salamanca como remate desta etapa educativa e xusto antes do inicio das prácticas en empresas. Visitarán, entre outros lugares, os xardíns de Calixto e Melibea (visita dirixida principalmente ao alumnado da FP básica de Agroxardinería e composicións florais) e o Museo da historia de automoción (visita dirixida principalmente ao alumnado da FP básica de Mantemento de vehículos).

Aprendendo os perigos do ciberacoso

O alumnado de 1ºde FP básica compartiu sesión con Elena Martínez Blanco, autora do libro Bajo el paraguas azul, para charlar sobre os perigos do ciberacoso.

 

Transmite a nosa marca persoal?

Santiago Martínez, especialista en comunicación, visita o noso centro para falar  de como construír a nosa propia marca persoal e diferenciarnos no mundo laboral ao alumnado dos ciclos de Farmacia e Parafarmacia, de Deseño e xestión da produción gráfica, de Anatomía patolóxica e de Preimpresión dixital.

Parabéns!

Parabéns ao alumnado de 2º do ciclo superior de Produción en industrias de artes gráficas pola exposición dos seus proxectos integrados!