You are hereActividades

Actividades


Orientacións académicas e profesionais tras rematar un ciclo

"Emprego e formación" é unha web con información de interese para o alumnado que remata os ciclos formativos: que estudar despois, onde atopar ofertas de emprego, como redactar un currículum ou a importancia de facer unha autoanálise de cara a un futuro laboral e académico de éxito son algúns dos temas que se recollen na web. 

Pincha na imaxe para acceder á web 

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego)">https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

Os departamentos de Orientación e de FOL colaboran na web "Emprego e formación"

 

Xornadas de portas abertas 2018

Durante a semana do 9 ao 13 de abril, o centro organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as distintas ensinanzas de FP Básica e ciclos formativos.

Ao longo desta semana visitarán o noso centro o alumnado do IES Luis Seoane, IES de Poio, IES Rodeira, CPI Mosteiro, IES Mestre Landín e CIFP Carlos Oroza.

Adiós a las altas temperaturas de los coches aparcados al sol

Presentouse ante os medios de comunicación o proxecto de innovación  "Climóbil Solar"realizado polo alumnado da FP Básica de Transporte e mantemento de vehículos. Neste enlace pódese ler a nova de prensa.

Xornadas de primeiros auxilios 2018

Volven as charlas prácticas de primeiros auxilios impartidas polo alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia que cursa o módulo de "Primeiros auxilios". Entre o xoves 18 de xaneiro e o venres 26 de xaneiro, todos os estudantes do centro recibirán unhas nocións básicas sobre como actuar en caso de ter que socorrer a unha persoa accidentada.

 

 

Última chamada para participar na edición da revista do centro

Aínda estás a tempo de participar na edición da revista do centro deste curso. Anímate a participar cun escrito, fotografías, entrevistas,... ou o que queiras. O prazo está aberto ata finais de xaneiro

Felices festas

Autor: Alexandre Martínez Pérez (ciclo medio de Preimpresión dixital). Gañador do concurso de postais navideñas. 

Decoración do centro con motivo do Nadal

O alumnado de 2º da FP básica de Agroxardinería e composicións florais está a realizar estes días unha actividade para decorar os corredores e zonas comúns do centro con motivo do Nadal.

Tamén, o Equipo de Normalización Lingüística convou o tradicional concurso de deseño de postais de felicitación de festas con data límite de entrega o día 15 de decembro ás 11.30 horas.

 

Taller de maquillaxe para a FP básica de peiteado

O pasado martes 28 de novembre, o alumnado de FP básica de peiteado asistiu a un taller de maquillaxe impartido pola empresa Capel Cosmetics nas instalacións do noso centro.

25 de novembro

Outro ano máis o noso centro conmemora o día 25 de novembro en lembranza das vítimas de violencia de xénero. Esta vez, as alumnas representaron a cada unha das vítimas levando unha camiseta negra e xuntándose para evidenciar o elevado número de mortes por culpa desta lacra social. 

Premiada no I Concurso Escolar contra la Violencia de Género

Parabéns para a alumna Alba Martínez, do ciclo superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, por gañar o terceiro premio, cun traballo titulado Nunca máisna categoría de debuxo-pintura do I Concurso Escolar contra la Violencia de Género convocado por la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra. Felicidades polo premio!