You are hereActividades

Actividades


Seguimos "Intercambiando experiencias"

Como continuación do programa “Intercambiando experiencias”, o pasado 27 de marzo o grupo de 1º curso de ciclo básico de Peiteado e Estética visitou, xunto coa súa titora e a orientadora, as instalacións do CEE Pontevedra, onde foi recibido polo equipo directivo e un numero grupo de alumnos que están a cursar os programas adaptados de formación profesional.

Despois dunha actividade de presentación grupal no xardín, visitaron os tres talleres onde desenvolven os programas formativos: xardinaría, restauración e artes gráficas, e os propios alumnos explicaron qué aprendizaxes están a acadar, qué proxectos teñen cara o futuro e amosaron algúns dos seus traballos.

Con esta visita estreitáronse aínda máis os lazos de amizade entre o alumnado e ámbolos dous centros, e xa estamos desexando compartir outra nova xornada.

Mercadillo de plantas

Os días 1 e 2 de abril, o alumnado de FP básica está a organizar un mercadillo de plantas na entrada do centro.

Intercambiando experiencias:"Ponte aínda máis guapa”

O luns día 25 de febreiro, organizouse no IES Montecelo a primeira das actividades que se desenvolverán dentro do programa “Intercambiando experiencias” que realiza o noso centro xunto co CEE Pontevedra a partires dunha proposta do propio alumnado de 1º de CB de Peiteado e Estética e que recolle un total de cinco actividades a realizar ata o mes de xuño.

Para a  actividade desenvolvida este mes, ”Ponte aínda máis guapa” , visitaron o taller de Peiteado 10 alumnas do CEE Pontevedra, que foron moi ben atendidas polo grupo de 1º de CB de Peiteado e Estética. Debemos destacar o clima de camaradería e o bo ambiente que se xerou entre os dous grupos, que xa están desexando compartir novas experiencias.

Este programa  recolle entre outras actividades unha visita ás instalacións do CEE para coñecer como traballan os alumnos do programa adaptado de Cociña e restauración e a lectura de contos infantís ao máis pequenos do centro.

 

Aprendendo sobre primeiros auxilios

Outro ano máis o alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia ensina as principais técnicas de primeiros auxilios ao resto de alumnado e profesorado do centro.

Nestas ligazóns pódense ler varias novas de prensa:

Día internacional contra a violencia de xénero

Outro ano máis, o IES Montecelo realiza un acto para concienciar sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade. Alumnado e traballadores do centro participaron nunha "perfomance" lembrando ás vítimas do último ano.

Imaxe gañadora do Magosto 2018

O alumno Agustín Caporallini, estudante de 2º do ciclo medio de Preimprexión dixital, é o autor da fotografía gañadora do concurso organizado por motivo do Magosto. Parabéns!

 

 

 

Novos cursos AFD

O IES Montecelo participa nas accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregos (AFD), impartindo dous cursos:

  • IMPP0208  Servicios estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe  638 horas
  • TVMG0409  Mantemento do motor e os seus sistema auxiliares 538 horas

 Data de inicio prevista é 4 de outubro, en horario 15:30 a 20:30.

As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do SEPE.

Orientacións académicas e profesionais tras rematar un ciclo

"Emprego e formación" é unha web con información de interese para o alumnado que remata os ciclos formativos: que estudar despois, onde atopar ofertas de emprego, como redactar un currículum ou a importancia de facer unha autoanálise de cara a un futuro laboral e académico de éxito son algúns dos temas que se recollen na web. 

Pincha na imaxe para acceder á web 

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego)">https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

Os departamentos de Orientación e de FOL colaboran na web "Emprego e formación"

 

Xornadas de portas abertas 2018

Durante a semana do 9 ao 13 de abril, o centro organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as distintas ensinanzas de FP Básica e ciclos formativos.

Ao longo desta semana visitarán o noso centro o alumnado do IES Luis Seoane, IES de Poio, IES Rodeira, CPI Mosteiro, IES Mestre Landín e CIFP Carlos Oroza.