You are hereBlogues / blogue de admin / Semana de torneo e recollida solidaria

Semana de torneo e recollida solidaria


Esta semana, dous grupos de alumnos están a por en marcha o seu proxecto efímero para o módulo de EIE. Salva, Miguel, Anxo, Estefanía, Moisés e Elías organizan o torneo "Fifa for fun" no que participarán unha veintena de alumnos co obxectivo de gañar a copa de campión. Por outra banda, Cristina, Fátima e Sara están a levar a cabo unha recollida solidaria de alimentos, revistas e libros e a cambio da participación regalan unha piruleta. Parabéns aos dous grupos por poñer en marcha os dous proxectos.