Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

NOVA PARADA EN O SEIXO

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación ven de autorizar unha nova parada na liña de O Temple en O Seixo. Cargará ao alumnado transportado ás 7:55 e ás 15:55 aproximadamente na marquesiña da Rúa Curros Enríquez, entre a rúa Ramón Cabanillas e o Paseo Marítimo.

O servizo comezará o luns 22 de febreiro. O alumnado que desexe facer uso da parada deberá previamente comunícalo ao Centro por correo electrónico (ies.miraflores@edu.xunta.es).

UNIFERIA

Do 22 ao 24 de febreiro celébrase a terceira edición de UNIFERIA, Feria Virtual de las Universidades españolas,  que permite o contacto de futuros estudantes  cos Graos Universitarios que se van a impartir o vindeiro curso 2021/22. As universidades informarán ademais da oferta académica dos Graos universitarios, doutros aspectos como aloxamento, deportes, voluntuariado, Centro de Linguas, etc.
 
O horario para participar será amplo: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
 
Os estudantes poderán participar, preguntar, consultar o que precisen. A navegación por UNIFERIA é libre, simplemente deben rexistrarse.
 
Toda a información ao respecto, así como para  rexistrarse deben facelo no seguinte enlace: 
 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, ASEICA, a Asociación Española de Investigación sobre o Cancro ofreceunos o 8 de febreiro unhas conferencias para acercar ás nosas alumnas e alumnos o traballo que fan as investigadoras científicas neste eido.

Na quenda da mañá os alumnos de 1º de Bacharelato de Cultura Científica recibiron unha clase maxistral de África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. África contounos aspectos da súa vida persoal así como feitos relevantes da súa dilatada traxectoria profesional. O seu discurso centrouse  no ámbito da inmunoloxía e concretamente no campo das vacinas terapéuticas como unha das estraxias para a cura do cancro de pácreas. Foi todo un privilexio escoitala e gozar dunha charla tan amena e didáctica.

Na quenda da tarde, a investigadora Tamara Prieto Fernández contactou con nós desde Nova York e relatounos como xurdiu a súa vocación científica xa desde nena. Falounos tamén da súa traxectoria profesional en diferentes países e explicounos o que tiña entre mans actualmente. Resultou moi interesante coñecer que unha boa científica non ten que levar bata branca para selo; de feito, Tamara traballa na área de Xenética en evolución tumoral e a súa ferramenta clave é ...... o ordenador! Si, ela é bioinformática, nada máis e nada menos! Foi un pracer conversar con ela e preguntarlle as nosas curiosidades.

Moitas grazas a ASEICA por esta fantástica iniciativa e ás científicas invitadas por achegar a ciencia de vangarda á nosa aula.

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E A CICLO SUPERIOR.

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

 As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLO SUPERIOR:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

 As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

 

CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/9041

 

Para máis  información: http://www.edu.xunta.es/fp/probasou no Departamento de Orientación do centro.

SUSPENSIÓN DEFINITIVA DA ESTADÍA EN FRANCIA

Como quedou dito na carta remitida ao inicio deste curso, en xaneiro deste ano correspondía tomar a decisión con respecto ás estadías de alumnos previstas para esta primavera, no marco do intercambio escolar co Lycée René Cassin de Bayonne.

Dita decisión, tomada conxuntamente co centro francés, é a de suspender definitivamente as devanditas estadías, habida conta da situación derivada da pandemia de Covid-19.

Aínda así, tentaremos que os nosos rapaces se comuniquen con os seus homólogos franceses o antes posible por vía telemática o que entendemos positivo para eles no ámbito da práctica lingüística da lingua estranxeira así como no eido da súa experiencia humana.

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

Segundo acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros do día 27 de outubro de 2020, concédese unha subvención directa ao IES Miraflores de 9.540€ para actividades do Centro.

8 DE XANEIRO DÍA NON LECTIVO DE CENTRO

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, concede como día non lectivo para o curso escolar 2020/2021, o:

-       VENRES 8 DE XANEIRO DE 2021.

AS CLASES COMENZAN O LUNS 11 DE XANEIRO.

Resultado I Concurso de vídeo: IES Miraflores. Polo bo trato

Queremos darlle os parabéns a todos e todas as participantes no I Concurso de vídeo IES MIRAFLORES POLO BO TRATO pola súa implicación.

Son pioneiros e pioneiras dunha actividade que nace con ánimo de seguir coa intención de que o alumnado exprese as súas inquedanzas sobre o tema da eliminación da violencia contra as mulleres.

Os vídeos desta edición serán empregados nas titorías para traballar a prevención.

Podedes ver os vídeos a través de este enlace

Estes son os gañadores por categorías:
O MOZO CONTROLADOR: Helena López Rilo, Candela Rial Diz, Carlota Rodilla García, Olivia Tapia Martínez.
OS FÍOS DA VIDA: Rubén Otero Losada.
AMAR: Andrés Maldonado.

Resultado Concurso de decoración de aulas: FINAL 2020

O grupo gañador do Concurso de decoración de aulas Final 2020 celebrado no IES Miraflores foi:

1ºESO B, polo seu traballo e orixinalidade

 

Tamén recibiron sendos accésits polo bo gusto e trabllo adicado á decoración das suas aulas os grupos e Aula PT e 3ºESO-D

Felicidades a todos os participantes.

No seguinte enlace pódese acceder a un video recopilatorio da decoración das diferentes aulas.

Desexámosvos un bo nadal e que o vindeiro ano 2021 veña cargado de saúde e felicidade para todos.

Concurso de decoración de aulas: Final 2020

Convócase o concurso de decoración de aulas final 2020 do IES Miraflores.

Nos seguintes enlaces pódense consultar as bases e descargar a folla de inscrición:

BASES

Folla de inscricción

O xurado pasará o luns pola mañá polas aulas para decidir o resultado do Concurso

Distribuir contido


by Dr. Radut