Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

XINCANA DAS NOSAS LETRAS

O luns 17 de xuño, ás 16:20, o alumnado de 1º BACH desfrutou ao máximo dunha Xincana Literaria organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

Por grupos, tiñan que ir resolvendo unha serie de probas relacionadas coa nosa literatura, lingua ou cultura xeral.

Identificados os 10 grupos co nome de escritores/as galegos/as ilustes, tiñan que dirixirse a distintos puntos do centro unha vez que resolvían a pista inicial que os conducía a ese lugar. Unha vez alí, desenvolvían a proba con menor ou maior dificuldade.

 

As gañadoras da XINCANA DAS NOSAS LETRAS foron as integrantes do grupo de “Xela Arias”:

  • Mar Negreira, Lucía Iglesias, Alba Barreiro e Aldara Rodríguez.

As carreiras, as gargalladas e mesmo os enganos estaban asegurados!!!!

Unha tarde diferente na que a rapazada e o profesorado pasouno en grande...

Uns agasallos doces serviron de colofón a tanto esforzo...

Moi bo verán a todos/as!!!!

 

ACOLLENDO O ACOLLEMENTO

O alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO vén de participar na primeira quincena de xuño, nas titorías, nunhas xornadas de sensibilización “Acollendo o acollemento”, sobre a realidade do acollemento familiar na infancia e adolescencia que están baixo o paraugas do sistema de protección.

As xornadas están impartidas por persoal de Acougo (Asociación galega de familias de acollida) Acougo Acougo (@acougo.gal) en Instagram.

O obxectivo é sensibilizar, difundir e normalizar o acollemento familiar como o mellor recurso para a protección da infancia e adolescencia xa que lles permite crecer en ambientes normalizados. Tamén ten como obxectivo que a rapazada sexa consciente da alta taxa de institucionalización que existe na nosa comunidade de crianzas e adolescentes que medran e chegan á idade adulta crecendo nun centro sen poder vivir nun ambiente familiar ao que, por outra banda, teñen todo o dereito.

Como sempre lles dicimos, non todo o mundo está chamado a ser familia acolledora pero tod+s podemos facer algo polo acollemento. 

Premios MEGABAU

O venres 21 de xuño a CIUG premia ao estudantado cos mellores expedientes de Galicia nun evento de homenaxe.

Este acto, que se celebrará no Coliseum de A Coruña en colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as tres Universidades públicas galegas: Universidade de A Coruña – UDC, Universidade de Santiago – USC e Universidade de Vigo –UV, quere premiar ao alumnado que teña acadado unha nota igual ou superior a 9 como nota de acceso á Universidade.

Por parte do IES Miraflores de Oleiros forman parte desta homenaxe as seguintes alumnas:

  • Andújar Salamanca, Paula
  • Dorado Fernández, Alba
  • Longueira Carracedo, Manuela
  • Martín Sampedro, Lucía

Parabéns!!

100% aprobados no DELF SCOLAIRE

Un ano máis o noso alumnado que se presentou as probas oficiais DELF SCOLAIRE B1 e B2 obtivo uns excelentes resultados. Parabéns rapaces e rapazas!

O bo traballo e tesón sempre teñen recompensa.

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU 2024

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO POLO 100% DE APROBADOS NAS PROBAS ABAU!!!

VI Carreira da luz - Vídeo da carreira

Pulsando sobre a imaxe pódese acceder ao vídeo da VI Carreira da Luz

Gracias a todos os participantes na proba por facer posible esta actividade, a todos os colaboradores polo traballo realizado e ás responsables do vídeo, Carlota Blanco e María Mosquera, alumnas da Ecuela de Imaxe e Son de A Coruña por este fantástico resumo da xornada.

Traballos finais de Debuxo Técnico I

Xa están expostos no corredor do IES Miraflores os traballos finais de curso do alumnado de 1 °Bach que cursou a materia de Debuxo Técnico I.

Fachadas de edificios icónicos da arquitectura do s. XX, espazos interiores, deseño de mobiliario  son algúns exemplos do proxecto fin de curso realizado   nas últimas semanas. Damos os parabéns ao esforzo e invitamos a toda a comunidade educativa á mostra!

ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E MATRÍCULA CURSO 2024-2025. LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025.

1.- ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS:

CUALIFICACIÓNS FINAIS DA ESO E EXTRAORDINARIA DE 1º BACHARELATO: MÉRCORES 26 DE XUÑO, ÁS 11:00, NAS AULAS DE GRUPO.

 

2.- ENTREGA DE SOBRES DE MATRÍCULA:

AO ALUMNADO DA ESO, ACTUALMENTE MATRICULADO NO CENTRO, FARÁSELLE ENTREGA DO CORRESPONDENTE SOBRE DE MATRÍCULA, XUNTO CO BOLETÍN DE CUALIFICACIÓNS FINAIS, O MÉRCORES 26 DE XUÑO ÁS 11:00.

O RESTO DE ALUMNADO PODERÁ DESCARGAR DA WEB OU RECOLLER NA CONSERXERÍA DO CENTRO OS DOCUMENTOS DE MATRÍCULA DENDE O VENRES 21 DE XUÑO.

3.- FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025:

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

26 XUÑO

MATRÍCULA 2º BACH

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

 

27 XUÑO

MATRÍCULA 1º BACH

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

28 XUÑO

MATRÍCULA 4º ESO

 

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

1 XULLO

MATRÍCULA 3º ESO

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

 

2 XULLO

MATRÍCULA 2º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS A-L

3 XULLO

MATRÍCULA 2º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS M-Z

4 XULLO

MATRÍCULA 1º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS A-L

5 XULLO

MATRÍCULA 1º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS M-Z

A DOCUMENTACIÓN PRESENTARASE NA SECRETARÍA DO CENTRO NAS HORAS DO DÍA SINALADO PARA CADA NIVEL E PARA CADA LETRA DO APELIDO. DE SER POSIBLE, PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS, DEBEN TRATAR DE NON PRESENTARSE Á ÚLTIMA HORA DA MAÑÁ. OS IRMÁNS QUE SE MATRICULEN NO CENTRO, AÍNDA QUE SEXAN DE DISTINTOS NIVEIS, PODERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA CONXUNTAMENTE NA DATA NA QUE SEXA CITADO/A O/A PRIMEIRO/A DELES/AS.

DEBERÁN ACHEGAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

1.- IMPRESO DE MATRÍCULA CUBERTO CON LETRA CLARA E ASINADO (INCLUÍDA A AUTORIZACIÓN DO TRATAMENTO DA IMAXE).

2.- 1 FOTOGRAFÍA ACTUAL RECORTADA (aproximadamente 2.5cm X 3cm.) CON NOME,  APELIDOS E NIVEL ESCRITOS NO DORSO.

3.- IMPRESO DAS PERSOAS AUTORIZADAS PARA RECOLLER AO ALUMNO/A NO CENTRO ASINADO POLOS PROXENITORES/AS TITORES/AS LEGAIS. DEBE CUMPRIMENTALO TODO O ALUMNADO.

4.- OUTROS DOCUMENTOS, SEGUNDO O CASO:

ALUMNADO NOVO NO CENTRO:

- COPIA DNI. OS MENORES DE 14 ANOS QUE NON O TEÑAN DEBERÁN TRAER FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA. EN CASO DE NON TER NACIONALIDADE ESPAÑOLA, DEBERÁN APORTAR A FOTOCOPIA DO NIE.

- CERTIFICACIÓN ACADÉMICA OU COPIA DO BOLETÍN DE NOTAS DO CURSO 2023/2024.

ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO:

- COPIA DNI SE NON SE ENTREGOU CON ANTERIORIDADE.

- COPIA DA TARXETA SANITARIA.

ALUMNADO DOUTROS NIVEIS (3º E 4º DA ESO, 1º E 2º DE BACHARELATO):

- COPIA DNI SE NON SE ENTREGOU CON ANTERIORIDADE.

- RESGARDO DE PAGAMENTO DE 1,12€ DO SEGURO ESCOLAR NA CONTA DO IES MIRAFLORES.

ABANCA:   ES95 2080 0064 9931 1000 0236 (CONCEPTO: NOME DO/A ALUMNO/A)

PARA TODO O ALUMNADO, DE SER O CASO:

- EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, DEBERÁN ACHEGAR A SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A ATRIBUCIÓN DA CUSTODIA DO/DA MENOR OU PRIVACIÓN DA PATRIA POSTESTADE POR PARTE DALGÚN PROXENITOR.

- IMPRESO DE SOLICITUDE / RENOVACIÓN DE TAQUILLA.

- IMPRESO CUBERTO DAS ENFERMIDADES DE URXENCIA VITAL (DEBERÁ APORTAR INFORME MÉDICO ACTUALIZADO).

- IMPRESO DE SOLICITUDE DE USO DO TRANSPORTE ESCOLAR (SEGÚN CORRESPONDA):

- MODELO ALUMNADO DA ESO CON DOMICILIO NA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO.

- MODELO ALUMNADO DA ESO CON DOMICILIO FÓRA DA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO (EXCEPCIONAL).

- MODELO ALUMNADO DE BACHARELATO (EXCEPCIONAL).

 

XESTIÓN TELEMÁTICA. NON É PRECISO PRESENTAR NO CENTRO:

- SOLICITUDE ALTA NA ANPA (CONTACTO: anpa@iesmiraflores.gal)

https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5

 

- SOLICITUDE ALTA NO COMEDOR ESCOLAR (CONTACTO: 637 544 367)

https://forms.gle/93KuLVwuLigwQmTL6

NON SE RECOLLERÁ DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA

Foodtruck. Crêpes dende Bretagne

O venres 31 de maio estivo no IES Miraflores unha foodtruck para facer crêpes co alumnado de francés de 1º, 3º, 4º ESO e 1º Bach. Chámase 'La Marinière' e da man de Jérémy Thomas, que chegou directamente de Lorient en Bretagne, o noso alumnado puido coñecer a orixe e a receita das crêpes.

 

Pero non só iso, tamén puideron desfrutar dunha actividade didáctica completa, primeiro simulando a conversa para comprar unha crêpe e facendo cada neno e nena a súa propia crêpe para despois degustalas, miam miam.

 

CONVOCATORIA ORDINARIA – 1º DE BACHARELATO – XUÑO 2024

Segundo a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa:  As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción do primeiro ao segundo curso de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. O alumnado que non supere algunha materia, logo da avaliación final ordinaria, coa finalidade de facilitar a súa recuperación, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria entre o 19 e o 21 de xuño (segundo calendario elaborado dende Xefatura de estudos).

Entrega de boletíns da convocatoria ordinaria de 1º de Bacharelato:  O MARTES, 11 DE XUÑO, ÁS 12:10, as/os titoras/es dos grupos de 1º de bacharelato farán entrega nas respectivas aulas dos correspondentes boletíns.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Revisión e reclamación das cualificacións no centro: Durante o mércores 12 e o xoves 13 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, poderán solicitar ao profesorado a revisión das diversas probas e as aclaracións que consideren precisas (Modelo 1).

No suposto de que, tras as oportunas aclaracións, persista o desacordo con algunha cualificación final, a correspondente reclamación presentaranse por escrito no centro (Modelo 2) nese mesmo prazo (mércores 12 e xoves 13 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas) e será tramitada por xefatura de estudos quen a trasladará ao correspondente departamento didáctico. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

Notificación escrita por parte de Xefatura de estudos aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento: Esta levarase a cabo o venres, 14 de xuño, a partir das 13:00 horas, na Xefatura de estudos do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial:  No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a súa representación legal, de ser menor de idade, poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o luns 17 e o martes 18 de xuño, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Modelo 3).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que adoptará a decisión pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, as súas persoas proxenitoras ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Período lectivo comprendido entre o 10 e o 21 de xuño: No primeiro curso de bacharelato, no período abranguido desde a realización da avaliación final ordinaria (10 de xuño) ata o remate do período lectivo (21 de xuño), terá prioridade a realización de actividades de apoio, reforzo e de recuperación para o alumnado con materias con partes sen superar e de preparación das probas extraordinarias.

Ademais, todo o alumnado matriculado en 1º Bach, independentemente de que teña aprobadas todas as materias ou non, ten o dereito e a obriga de asistir ás clases ata o 21 de xuño, día no que remata a actividade lectiva, e o profesorado, durante eses días, deberá seguir reflectindo as correspondentes faltas de asistencia e dándolle a debida atención educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut