Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Foodtruck. Crêpes dende Bretagne

O venres 31 de maio estivo no IES Miraflores unha foodtruck para facer crêpes co alumnado de francés de 1º, 3º, 4º ESO e 1º Bach. Chámase 'La Marinière' e da man de Jérémy Thomas, que chegou directamente de Lorient en Bretagne, o noso alumnado puido coñecer a orixe e a receita das crêpes.

 

Pero non só iso, tamén puideron desfrutar dunha actividade didáctica completa, primeiro simulando a conversa para comprar unha crêpe e facendo cada neno e nena a súa propia crêpe para despois degustalas, miam miam.

 

IX Concurso de Debuxo Picasso

O pasado 5 de xuño coñecéronse os/as gañadores/as do IX Concurso de Debuxo Picasso organizado pola "Asociación da Prensa da Coruña (APC)" co patrocinio da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e coa colaboración do IES Eusebio da Guarda.

 

Entre os/as premiados/as figuran os traballos de varias das nosas alumnas:

Premio José Luis Bugallal á mellor ilustración: Luz Blanco Tato - IES Miraflores (Oleiros)-Profesora: Ana Sogo

 

 

Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción: Alba Echeverri - IES Miraflores (Oleiros)-Profesora: Irene Lustres

Noraboa ás premiadas!

Actividade Expresión Artística do Club de Lectura de 3ºESO-PDC

O pasado venres 31 de maio, o alumnado do Club de lectura de 3º de ESO asistiu na sede de Afundación, na Coruña, á exposición “Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo”.

Puideron desfrutar do traballo de recoñecidos autores do cómic español reinterpretando o mito de Picasso artista  e das súas obras a través dunha xincana, así como da realización dun taller de robótica relacionado coas instalacións artísticas sostibles.

VI Carreira da luz - Entrega da recadación á asociación PANGONO PANGONO

O luns, 13 de maio, fíxose entrega do cheque coa recadación total (6.131€) da VI Carreira da Luz á Asociación Operación Pangono Pangono, a cal irá destinada á compra dunha furgoneta para a residencia de estudantes Amaia María da Àrea 49 de Lilongwe de Malawi.

Grazas a todas as entidades colaboradoras e a todos/as os participantes por iluminar, unha vez máis, o noso proxecto de obra social que, neste caso, servirá para apoiar os labores solidarios da Asociación Operación Pangono Pangono.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR MUNCYT

Na primeira quincena de maio, o alumnado de 2º e 3º da ESO tivo a posibilidade de coñecer a través dunha visita guiada, as diferentes temáticas promovidas polo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña.

No caso do alumnado de 2º ESO, a través da realización dunha xincana que lles permitiu afondar coñecementos sobre diferentes inventos correspondentes principalmente ao século XX, relacionados coas diferentes ramas científicas.

Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO, coa realización dun taller de introdución á química e o concepto de pH, onde puideron sintetizar esferificacións con alxinato de sodio.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR PLANETARIO-CASA DAS CIENCIAS

Nesta primeira quincena de maio, o alumnado de 4ºESO e 1º BACH tivo a posibilidad de realizar unha visita á Casa das Ciencias, así como ao Planetario, onde puideron gozar dunha observación "simulada" do estado actual do noso ceo nesta etapa do ano.

Se ben é certo que a maioría do alumnado xa estivera algunha vez neste espazo en etapas anteriores educativas, a visita foi de gran interés xa que os contidos impartidos en física nestes niveis, permítelle ao alumando comprender de forma máis axeitada moitas das experiencias que levaron a cabo no museo, como as explicacións recibidas polo guía do planetario.

Disección dun corazón

Ao longo deste mes o alumnado de 3º da ESO asistiu na Domus á actividade "Disección dun corazón". Nela puideron refrescar os seus coñecementos sobre a anatomía e o funcionamento deste órgano. Contestaron tamén un cuestionario baseado na exposición "Bocados", sobre temas de alimentación e nutrición e, o tempo restante, o adicaron a percorrer o museo e facer as actividades que resultaban do seu interese.

STEMbach - Charla do doutor Andrés Soage: Intelixencia artificial e outras prácticas

Na sesión desta semana de STEMB visitounos o Dr Enxeñeiro Manuel Andrés Soage, que nos falou das posibilidades do hidróxeno como almacen de enerxía, e comprobamos a enerxía das explosións do hidróxeno cunha práctica in situ, de como aprenden as máquinas a imitar o noso comportamento, botando unha partida a "pedra-papel-tesoiras" cunha intelixencia artificial e da simulación de comportamentos celulares con modelos matemáticos de pautas sinxelas, observando como se moven sobre unha matriz 2D ou 3D "células dixitais artificiais".

Actividade Expresión Artística 4ºESO

O día 15 de maio Nina Hernández, da productora audiovisual Portocabo, veu ao centro a falar do seu traballo ao alumnado de Expresión Artística de 4ºESO.

Tamén vimos a curtametraxe 'Elas, productoras executivas' para visualizar a presenza da muller no audiovisual galego.

Correlingua 2024

O Correlingua é unha iniciativa normalizadora que leva desde o ano 2006 levando a centos de centros educativos a dar pasos pola defensa e promoción do uso da nosa lingua.

 

O pasado 10 de maio un par de grupos de 1ºESO, xunto co alumnado de PDC e seis profesoras fixemos unha andaina polo paseo marítimo da Coruña para rematar nunha grande festa ao pé da Torre de Hércules. O día foi solleiro e espléndido, o que permitiu que gozásemos tanto do paseo como da compañía doutros centros educativos da  contorna, coincidindo ademais con alumnado de outros CEIP de Oleiros, de especial interese para o alumnado que desfrutou en compartir actividade con irmáns ou amigos que un ano atrás acudían con eles e elas ao mesmo cole.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut