Skip to Content

Protocolo COVID

Servizo de préstamo

SERVIZO DE PRÉSTAMO

Solicito hoxe, recollo mañá

 

SOLICITUDE: Por correo electrónico a biblioteca@iesmiraflores.gal

Deixando a solicitude en papel por escrito na Caixa que está fóra, na porta da biblioteca.

 

EN AMBOS CASOS INDICAR:

Nome e apelidos

Curso

Número da biblioteca

Título e autor do libro que se solicita

 

RECOLLER AO DÍA SEGUINTE.

 

 

Plan de adaptación da biblioteca a situación COVID

PLAN DE ADAPTACIÓN DA BIBLIOTECA Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020-2021

(Dentro do Plan xeral do centro)

A Biblioteca Miraflores será utilizada como aula mentres dure a situación actual de Covid-19, polo que durante os recreos non poderá ser utilizada como sala de traballo e lectura durante os recreos para proceder a necesaria limpeza e ventilación.  

Si que se poderá acudir a facer préstamos e devolucións.

ACCESO E CIRCULACIÓN:

- Igual que en todo o centro, o uso da máscara é obrigatorio en todo momento, tanto por parte do profesorado como do alumnado.

 - É obrigatorio manter a distancia de seguridade e respectar as normas especiais da situación Covid-19.

- Só está permitida o acceso a aqueles/as usuarios/as que queren solicitar algún material en préstamo, débese agardar na fila habilitada respectando a distancia.

LIMPEZA E DESINFECCIÓN:

- Todos/as os/as usuarios/as deben hixienizar as mans á entrada e á saída da biblioteca. Para iso, haberá dispensadores de xel hidroalcohólico xunto á porta de acceso.

- A biblioteca terá que ser ventilada coa maior frecuencia posible.

 - A persoa de garda de biblioteca hixienizará o seu posto de traballo (mesa, cadeira e ordenador) en cada uso.

 

PROCEDEMENTO PARA PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS DURANTE OS RECREOS 

Dada a especial sensibilidade e a manipulación que supón o préstamo bibliotecario, PARA EVITAR A CONTAMINACIÓN DOS MATERIAS, queda prohibido que calquera persoa (alumnado, profesorado ou resto da comunidade educativa) colla ou devolva o material directamente dos andeis; só poderá collelo a persoa do equipo de biblioteca que estea de garda nese momento, así coma tampouco devolvelo. 

Non se pode coller ou devolver fóra do horario dos recreos.  

PRÉSTAMO:

- O préstamo poderá solicitarse de dúas maneiras:

 a) A través do correo electrónico da biblioteca biblioteca@iesmiraflores.gal indicando nome, número de rexistro na biblioteca, curso e título e autor do libro que se quere levar. A petición será atendida ao día seguinte a ter feita a solicitude. (Solicito hoxe, recollo mañá no segundo recreo). 

 b) De xeito presencial, deixando a petición en papel na caixa habilitada para iso no primeiro recreo e recolléndoo no segundo recreo dese mesmo día. En ambos os casos haberá que respectar a fila sinalada a tal fin e respectar estritamente a distancia.

 - O listado de lectores/as, empregado para a realización dos préstamos, será utilizado exclusivamente polo equipo de biblioteca. 

DEVOLUCIÓNS 

- Os libros e materiais que se queiran devolver serán depositados directamente polos/as usuarios/as nas caixas habilitadas na biblioteca e identificadas a tal efecto.

- O material devolto deberá permanecer en caixas identificadas, pechadas e illadas durante 24 horas, antes de ser xestionado (devolto no catálogo Meiga, colocado nos andeis e utilizado de novo). En caso de ter unha portada plastificada, desinfectarase a mesma con líquido virucida. 

 - Unha vez baleiradas do material devolto, as caixas serán hixienizadas con solución hidroalcohólica antes de volver ser utilizadas.

 

OUTROS ASPECTOS:

- Estas normas poderán sufrir variacións en función da evolución da situación sanitaria.

 - Mantéñense todas as normas de uso da biblioteca xa establecidas e que non son incompatibles coa situación xerada pola COVID-19. 

- Os xogos da biblioteca, publicacións periódicas, ou outros materiais manipulables, quedan fóra de uso.

 - Todas as actividades planificadas polo equipo de biblioteca deberán cinguirse a estas normas, priorizándose sempre as accións virtuais a través do noso bloghttp://bibliotecaiesmiraflores.blogspot.com/ e tamén a través da aula virtualhttps://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiraflores/aulavirtual/course/index.php?categoryid=19 e aquelas que garantan a seguridade de toda a comunidade educativa.

María García Maseda

Coordinadora da Biblioteca

 Nota: Este plan segue as pautas do Protocolo xeral e tamén das Instrucións de 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, durante o curso 2020/2021, nos centros docentes de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

No seguinte documento adxunto pódese  ver  o protocolo creado polo equipo da biblioteca, en formato pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut