Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 18 de setembro de 2024), pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consello escolares nos centros de educación non universitaria así como para dar cumprimento ao establecido no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, procédese a comunicar o calendario de eleccións ao Consello Escolar.


MÉRCORES, 30 DE OUTUBRO DE 2024.

Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, persoal non docente, pais/nais e alumnado.

Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.

DO VENRES 1  ATA O VENRES 8 DE NOVEMBRO DE 2024 ÁS 14:00 HORAS.

Prazo para presentar as candidaturas dos distintos sectores e reclamación de censos. O modelo para presentar (documento anexo) está dispoñible na secretaría do centro e presentarase por rexistro de entrada.

LUNS, 11 DE NOVEMBRO DE 2024.

Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.

Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.

Aprobación do modelo de papeletas dos distintos actos electorais.

Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.

MARTES, 19 DE NOVEMBRO DE 2024.

Constitucións das mesas electorais.

Celebración das votacións de alumnado, de 8:30 a 14:00 horas.

Celebración das votacións de profesorado de 12:10 a 12:30 horas.

Celebración das votacións de persoal de administración e servicios, de 14:10 a 14:30 horas.

Celebración das votacións de pais, nais e titores legais do alumnado, de 16:00 a 20:00 horas.

MARTES, 19 DE NOVEMBRO DE 2024.

Proclamación de candidatos electos.

Traslado á Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional das copias de actas das votacións efectuadas.

Iniciación ao uso de Calc (follas de cálculo) para STEMbach

Os dous últimos martes o alumnado Stembach realizou un minicurso de iniciación ao uso de follas de cálculo onde, coa axuda de José Luis Domínguez, aprenderon os conceptos básicos de traballo con datos neste tipo de aplicacións.

Se te atreves...Le!

Desde o Equipo da biblioteca propoñémosche unhas cantas lecturas para estes días.  E tamén, por se prefires, escollemos algún filme. Lembra que podes solicitar estes libros, e máis, na nosa Biblioteca Miraflores.

Temos varios libros ilustrados e incluso  temos dous libros ilustrados creados polo alumnado de 1 ESO a partir do libro Cartas de inverno. de Agustín Fernández Paz. Son os seguintes:

La pequeña Bruja – Benjamin Lacombe e Sebastián Perez

Violeta quiere ser vampiro – Ramon.D. Vieja e David Sierra

Louis entre fantasmas – Fanny Britt e Isabelle Arsenault

Frankenstein- Meitxell Vibas

Trasmallo. A Santa compaña. Gochi

Versos para musas e catro contos de Edgar Allan Poe

Sábanas, Brenna Thummler

El fantasma de la casa de al lado, Iñaki r. Díaz

Damned. Writers, Ángel A. Svoboda

Mortiña. O amigo pantasma. Bárrbara Cantini

O noso Samaín. Loretta Birott Bermejo.

Esqueletos divertidos. Janet e Allan Ahlberg

 

Que che parece ler  unha obra que se segue representando nestas datas: Don Juan Tenorio de José Zorrilla. Tampouco faltan os clásicos do terror: O caso de Charles Dexter Work- H.P.Lavecraft ou El escarabajo de oro y otros cuentos. Edgar Allan Poe. En galego temos unha selección en O relato fantástico. De Poe a Lovecraft. Escrito en portugués podes ler Saga. Sophia de Mello Breyner Andresen. E dos autores clásicos da literatura galega ofrecémosche Retrincos e Un ollo de vidrio, escritos por Castelao e Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste.

Dispoñemos de libros de literatura xuvenil, como A pantasma taelefónica, de Xabier A. Barreiro Liz. Algúns deles tiveron moito éxito. Foron Conta saldada, de Suso de Toro; De como santo dos croques se fai peregrino, de Pepe Carballude. E que dicir da querida Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, ou dos tres irmáns fantasmas de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras. Tamén dispoñemos de Luces de Setembro de Carlos Ruiz Zafón na edición en castelán e en galego.

 Recomendámosche Cando petan a pola pola noite- Xabier P. do Campo, libro do que temos varias edicións diferentes porque tivo moito, éxito porque dá moito medo.

E do inmenso Agustín Fernández Paz temos unha ampla oferta: Cartas de inverno, Aire negro, A neve interminable, A casa do medo, Malos tempos para os Fantasmas, Un tren cargado de misterios, Tres pasos polo misterio, As fronteiras do medo.

 Se prefires ver un filme, podes solicitar algún destes: Coco- Fixar. FranKestein - Mary Shellay de Kenneth Branagh ou La habitación del pánico- Jodie Foster

 

SEMANA BRANCA: ANDORRA 2025

A autorización debe entregarse ao profesorado de Educación Física, quen dará ao alumnado de alta na Aula Virtual do centro para poder aportar a documentación restante.

ARQUIVOS ADXUNTOS:

PRESENTACIÓN A FAMILIAS ANDORRA 2025

AUTORIZACIÓN VIAXE EXTRAESCOLAR ANDORRA 2025 

PROGRAMA DE REFORZO ESCOLAR MUNICIPAL PRAEMO CURSO ESCOLAR 2024/2025

Dirixido ao alumnado de primaria e secundaria do Concello de Oleiros.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA:

Previr o fracaso escolar.

Previr e/ou reducir o absentismo.

Apoiar ás familias na educación fóra do horario escolar.

Apoiar ao alumnado no avance e desenvolvemento dos seus estudos.

Promover hábitos e técnicas de estudo.

Reforzar as aprendizaxes que realizan na escola.

 

PRE-INSCRICIÓNS:

Ata o 18 de outubro, entregando a ficha de inscrición cuberta e asinada nas oficinas da Concellería de Ensino e Xuventude do Centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13. Perillo, Oleiros) ou por correo electrónico a: a.candamio@oleiros.org

REUNIÓN INFORMATIVA SEMANA BRANCA ANDORRA 2025

REUNIÓN PRESENCIAL INFORMATIVA RESPONSABLES DO ALUMNADO

(MÁXIMO 1 PERSOA POR ALUMNO/A)

XOVES, 17 DE OUTUBRO, NO SALÓN DE ACTOS

19:00 HORAS.- FAMILIARES DE ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO E 1º DE BACHARELATO

20:00 HORAS.- FAMILIARES DE ALUMNADO DE 1º, 2º DA ESO

E OS QUE NON POIDERAN ASISTIR ÁS 19:00 h.

NON É OBRIGATORIA A ASISTENCIA Á REUNIÓN PARA ASISTIR Á VIAXE

Visita ao CITEEC do alumnado STEMbach

O alumnado Stembach visitou os laboratorios de investigación do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Enxeñaría e Edificación Civil). Puidemos ver en funcionamento o túnel de vento, onde se poñen a proba as estruturas de pontes e viaductos, o simulador de chuvia e a Torre de impacto, onde, tras un cristal antibalas, sométense a grandes forzas instantáneas a materiais e estruturas que forman parte de automóviles e avións, estudando a supercámara lenta (2.000 frames/s) a súa reacción. Tamén visitamos a dársena: piscina artificial na que se simulan oleaxes de 25m, e unha das prensas hidráulicas de experimentación máis potentes do mundo (1500 Toneladas).