Skip to Content

blogue deadmin

FESTIVAL ENTROIDO 2022

O vindeiro venres, 25 de febreiro, de 12:30 a 14:00, vaise levar a cabo, con  motivo da celebración do Entroido, un pequeno concurso de disfraces co alumnado de ESO.

Todo o alumnado, ESO e bacharelato, poderá vir disfrazado da casa pero só participará no concurso o alumnado de ESO. En ningún caso poderá levar a cara tapada, agás ca máscara protectora. O disfrace debe ser respectuoso e non poderá entorpecer o normal desenvolvemento da actividade lectiva.

As catro primeiras sesións impartiranse de forma habitual. De 12:00-12:10, o alumnado da ESO poderase disfrazar ou completar o seu disfrace na aula co profesorado correspondente. Ás 12:45 comezará o concurso de disfraces.

Deberase respectar en todo momento o protocolo COVID do centro, especialmente no referente ao uso da máscara, distancia interpersoal de seguridade e aforo de 1 persoa por baño.

O uso do móbil estará prohibido aínda que a previsión é instalar un photocall onde a xente disfrazada poderá ser fotografada por algunha persoa autorizada para elo.

Ás 13:55 o alumnado recollerá as súas pertenzas e sairá do centro no seu horario habitual (1º e 3º da ESO ás 14:00 e 2º e 4º da ESO ás 14:05).

O alumnado de Bacharelato terá a súa actividade lectiva normal. A 6ª hora, o profesorado, segundo as súas necesidades docentes, decidirá se permite ao seu alumnado acudir para ver un anaco o festival, garantindo a saída do centro á hora que corresponde (14:10).

SEMANA BRANCA ANDORRA (DO 2 AO 9 DE ABRIL DE 2022)

Se as condicións sanitarias o permiten, está previsto retomar a actividade “Semana Branca” para o alumnado desde 1º de ESO a 1º de Bacharelato na semana anterior ás vacacións escolares de Semana Santa, tras a entrega de boletíns da segunda avaliación o 25 de marzo. 

A estación escollida é Grand Valira (Andorra).

https://www.grandvalira.com/

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN APORTAR NUN SOBRE CON NOME E APELIDOS ATA O VENRES 25 DE FEBREIRO DE 2022:

1.- Impreso autorización pais/nais ou titores.

2.- Declaración responsable protocolo COVID.

3.- Copia DNI ou pasaporte en regra.

4.- Copia resgardo primeiro ingreso.

Coa entrega da documentación poderán recoller as rifas para recadar fondos

 

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN APORTAR ATA O VENRES 25 DE MARZO DE 2022:

1.- Copia da tarxeta sanitaria ou seguro sanitario. (Orixinais lévaos o alumno/a).

Seguridade Social. Impreso de asistencia en Andorra (Solicitar documento convenio España-Andorra na oficina do INSS).

Asistencia privada. Habitualmente levar tarxeta compañía e realízase reintegro de gastos en orixe, pero débese consultar en cada caso.

2.- Permiso da Policía/Garda Civil para viaxar ao estranxeiro con menores.

3.- Copia resgardo último ingreso.

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven traballando coa Consellería de Sanidade para dar a mellor resposta posible á comunidade educativa nesta situación de alta transmisividade na que nos atopamos, desde as evidencias que amosan que os centros educativos son espazos seguros.

Os protocolos teñen amosado a súa eficacia polo que é preciso que se sigan aplicando con rigor, tal e como se fixo ata o de agora, insistindo no uso axeitado da máscara para persoas de 6 ou máis anos e a ventilación cruzada de acordo ás pautas do protocolo.

A partir do día 10 de xaneiro, coa volta ás aulas logo das vacacións, volverán a cargarse os casos en Educovid por parte da CSC, para o control e seguimento epidemiolóxico, requiríndose novamente a colaboración dos Equipos Covid dos centros.

De acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional:

  • Os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.
  • Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas.
  • Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.

A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

 

COMUNICACIÓN DE CASOS

equipocovid@iesmiraflores.gal

881/880845

652/193327

TALENTOS INCLUSIVOS 2021-2022

A alumna do centro ALICIA FONTENLA LLAUDES participa na Domus de A Coruña no acto de presentación da segunda edición de TALENTOS INCLUSIVOS.

Pulsando sobre a imaxe pódese ver a intervención da nosa alumna

Talentos Inlcusivos pretende espertar vocacións STEM entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.

Este proxecto, desenvolto desde o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña e ASPACE é apoiado polo Consello Social da Universidade da Coruña e promovido pola Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía de Ciencia ( FECYT) .

O IES Miraflores participa por segundo ano nesta inicativa co alumnado de 3º da ESO en adiante.

https://www.youtube.com/watch?v=7J9O6aVzAtM

PLAN PROXECTA +: CLASES SEN FUME E APÚNTOME A NON BEBER

Conscientes da importancia da promoción de estilos de vida saudables e a prevención de adiccións entre o alumnado, o centro participa este curso en dous programas do Plan Proxecta + en colaboración coa Consellería de Sanidade.

CLASES SEN FUME. Dirixido ao alumnado de 1º da ESO, ten como finalidade previr o inicio do consumo de tabaco ou  no  seu  defecto  atrasalo. No programa participan máis de 15 profesores e profesoras de distintas materias coordinados por Diana Fernández Gómez. 

APÚNTOME A NON BEBER. Dirixido ao alumnado de 3º da ESO, ten como finalidade a prevención do consumo do alcohol en persoas menores de idade e o atraso da idade de inicio no seu consumo. No programa participan máis de 15 profesores e profesoras de distintas materias coordinados por Alma Figueroa Varela.

 

MARTES 2 DE NOVEMBRO DÍA NON LECTIVO

NON HABERÁ ACTIVIDADE LECTIVA DURANTE O LUNS, 1 E O MARTES 2 DE NOVEMBRO (ESCOLLIDO COMO DÍA NON LECTIVO DE CENTRO XUNTO CO 7 DE DECEMBRO), TAL E COMO VEN RECOLLIDO NO CALENDARIO ESCOLAR PUBLICADO NA WEB DO CENTRO.

A ACTIVIDADE DOCENTE RETOMARASE O MÉRCORES, 3 DE NOVEMBRO, CO SEU HORARIO HABITUAL.

CALENDARIO ESCOLAR 2021/2022

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

ACTIVIDADES LECTIVAS.

As actividades lectivas realizaranse do día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

AVALIACIÓNS.

ESO E 1º DE BACHARELATO.

1ª AVALIACIÓN. Ata o martes 21 de decembro de 2021.

2ª AVALIACIÓN. Ata o venres 18 de marzo de 2022.

3ª AVALIACIÓN. Ata o venres 3 de xuño de 2022. A actividade lectiva non rematará ata o 22 de xuño.

2º BACHARELATO.

1ª AVALIACIÓN. Ata o venres 26 de novembro de 2021.

2ª AVALIACIÓN. Ata o venres 25 de febreiro de 2022.

3ª AVALIACIÓN. Ata o venres 6 de maio de 2022. Pendente publicación datas oficiais calendario ABAU.

VACACIÓNS ESCOLARES.

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS.

Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Ademais co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2021/22 se celebrará o 11 de outubro de 2021.

DÍAS NON LECTIVOS DE CENTRO.

Solicitouse  á Xefatura Territorial da Consellería de Educación, pendente de confirmación, o martes 2 de novembro de 2021, e o martes 7 de decembro de 2021.

INICIO DE CURSO 2021-2022

Segundo a Orde de 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022, a actividade lectiva en ESO e Bacharelato dará comezo o mércores, 15 de setembro, no horario habitual do centro, é dicir, de 8:30 a 14:10, e polas tardes de 16:20 a 18:00 o luns para a alumnado de 3º da ESO en adiante, e martes para o alumnado de 1º e 2º da ESO, estando operativos os servizos de transporte e comedor dende o primeiro día.

 

HORARIOS CURSO 2021-2022 PROTOCOLO COVID.

Respecto á regulación de circulacións e de entradas e saídas, determínase, conforme ao “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022”, que se realice por colectivos con distancias horarias:

 

MAÑÁNS

8:00-8:30.- ENTRADA GRADUADA AO CENTRO E Á AULA.

ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.

ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL

8:30.- PRIMEIRA SESIÓN.

9:20.- SEGUNDA SESIÓN.

10:05/10:10.- SAÍDA GRADUADA AO RECREO.

10:25/10:30.- ENTRADA GRADUADA Á AULA.

10:30.- TERCEIRA SESIÓN.

11:20.- CUARTA SESIÓN.

12:05/12:10.- SAÍDA GRADUADA AO RECREO.

12:25/12:30.- ENTRADA GRADUADA Á AULA.

12:30.- QUINTA SESIÓN.

13:20.- SEXTA SESIÓN.

14:00.- SAÍDA 1º E 3º ESO.

14:05.- SAÍDA 2º E 4º ESO.

14:10.- SAÍDA 1º E 2º BACHARELATO.

ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.

ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL

TARDES

LUNS

3º E 4º ESO

1º E 2º BACHARELATO.

MARTES

1º E 2º ESO.

16:00-16:20.- ENTRADA GRADUADA AO CENTRO E Á AULA.

ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.

ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL

16:20.- SÉTIMA SESIÓN.

17:10.- OITAVA SESIÓN.

17:55.- SAÍDA 3º E 4º ESO

18:00.- SAÍDA 1º E 2º BACH.

17:55.- SAÍDA 1º ESO

18:00.- SAÍDA 2º ESO

ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.

ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL

O conxunto de medidas serán obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisión que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren.

 

RECEPCIÓN DO ALUMNADO O MÉRCORES 15 DE SETEMBRO

8:00 A 8:30 ENTRADA GRADUADA AO CENTRO POLOS LUGARES INDICADOS, ONDE AGARDARÁN OS/AS TITORES/AS.

NIVEL

ACCESO

RECPECIÓN

1º ESO

PORTA PISTA POLIDEPORTIVA

PISTA POLIDEPORTIVA

2º ESO

PORTA PISTA POLIDEPORTIVA

PISTA POLIDEPORTIVA

3º ESO

PORTA PRINCIPAL

PISTA DESCUBERTA

4º ESO

PORTA PRINCIPAL

XIMNASIO

1º BACH

PARKING

PARKING

2º BACH

PORTA PRINCIPAL

CORREDOR 2ª PLANTA

O Primeiro día todo o alumnado deberá facer entrega ao seu titor/a da declaración responsable asinada polo pai/nai, titor/a legal (Ver documentos adxuntos)

 

TRANSPORTE ESCOLAR.

O transporte escolar ten previsto iniciar a ruta na primeira parada ás 7:55. O alumnado novo deste servizo debe estimar o primeiro día a hora de paso pola parada asignada e presentarse con antelación suficiente.

Á espera da valoración das solicitudes presentadas e a asignación das prazas aos “usuarios excepcionais”, inicialmente, soamente poderá facer uso do transporte escolar o alumnado considerado “usuario lexítimo”, este é, o alumnado da ESO escolarizado no centro que lle corresponda polo seu domicilio. Os listados actualizados do alumnado con dereito a transporte escolar publicaranse no taboleiro do centro á maior brevidade posible.

“Instrución conxunta 1/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 25 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2021-2022”.

Serán usuarios lexítimos do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.

Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa.

 

COMEDOR ESCOLAR.

O servizo de comedor é xestionado pola ANPA e prestado pola empresa Grupo Hostelero Asueto (Contacto: Alberto Aldrey 637/544332)

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Anexo listado actualizado de libros de texto por niveis para o curso 2021-2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut