Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

XINCANA LETRAS GALEGAS

O venres 18 de maio celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas organizando unha xincana.

A actividade desenvolveuse de 10:10h a 12:30 h e estaba dirixida ao alumnado de 3 e 4 ESO.

As probas que debían realizar estaban relacionadas coa lingua e a literatura galega e principalmente coa figura de Maria Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano.

A implicación do alumnado e profesorado foi total polo que o Equipo de Dinamización Lingüística, organizador da actividade, agradece encarecidamente toda a colaboración do profesorado e do Equipo Directivo.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2 BACHARELATO

Os modelos a cumprimentar para solicitar a revisión das cualificacións  de 2 de bacharelato estarán a disposición dos interesados no centro.

ATOPAMOS A MARUMASAT III

Na tarde do sábado, Rafa Regos, alumno de 3º da ESO do IES Maruxa Mallo atopou a MarumaSat III. Estaba a 3 km do lugar no que as predicións da traxectoria que fixemos na mañá do día do lanzamento, o luns 7, situaban a súa aterraxe, pero moi lonxe do lugar no que a estabamos buscando agora. Rafa, que ten entre as súas aficcións a cetrería, conseguiu localizar a sonda grazas a un pequeno dispositivo que quería probar e propuxo incorporar nos últimos días antes do lanzamento: un pequeno localizador que emprega sinais de radio e que coloca sobre os seus falcóns e aguias, para non perdelos.

Aínda que falta analizar os datos recollidos, temos a impresión de que o voo da MarumaSat III aconteceu como estaba planificado, máis os fallos técnicos que  experimentaron os aparellos de comunicación e localización, levaronnos a considerar diversas opcións que agora se demostran desacertadas.

Na imaxe podedes ver a cápsula no punto de aterraxe, coas fabas do alumnado de Ciencias Aplicadas en perfecto estado tras a aterraxe.

LANZAMENTO DA MARUMASAT III

lanzamento MarumaSAT 3

 

O 7 de maio, alumnado de 3º de Tecnoloxía, de 4º de Tecnoloxía e Ciencias Aplicadas, de Robótica de 1º de Bacharelato e as 3 alumnas do noso centro gañadoras do I Premio de Poesía Estratosférica desprazáronse ata Ordes, para participar, xunto co alumnado do IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e IES Xelmirez II de Santiago, no lanzamento da terceira  sonda estratosférica da NOSA, a MarumaSat III. 

Se queres saber máis clica no seguinte  enlace

Tamén podes seguirnos nas redes sociais twitter e instagram

SENDEIRISMO MONTE XALO.

No mes de marzo os grupos de 1º ESO realizaron unha excursión polo Monte Xalo, organizada e subvencionada polo concello de Oleiros. Comezaron nunha zona próxima ao cumio e despois de visitar a zona de escalada do Petón e contemplar as vistas de toda a Costa Ártabra desde o miradoiro, foron camiñando até a Torre de Celas, un percorrido en descenso de aproximadamente 5 km.

Durante a excursión os guías explicáronlles diversas cuestión relativas ao valor biolóxico, paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico deste monte, que forma parte do espazo protexido da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ao longo da mañá puideron observar as diferentes especies vexetais abundantes no Monte Xalo, escoitar os cantos dos paxaros, poñer en práctica os hábitos positivos para a conservación da natureza e coñecer os muíños de río no Rego das Xesteiras.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

O día 25 de abril, os alumnos de 1º ESO participaron na celebración do Día da Educación Física na Rúa, que este ano contou coa participación de 47 centros escolares e 6.530 alumnos de Galicia.

Este é o resumo da actividade elaborado por Laura Ruzo (1º ESO-A) e Rubén Otero (1º ESO-B):

O día 25 de abril de 2018, o Departamento de Educación Física do IES Miraflores, xunto cos alumnos de 1º ESO do centro, realizaron unha saída ao parque José Martí de Sta. Cristina, xunto cos outros dous institutos do concello de Oleiros, o IES María Casares e o IES Xosé Neira Vilas.

Nesta saída realizáronse diferentes actividades: rugby, voleibol, hockey, saltos coa corda, petanca, brilé, ultimate, ... Estas actividades íanse realizando con diferentes persoas, 5 ou 6 de cada instituto, e ao mesmo tempo que aprendías como xogar, coñecías xente nova doutros centros.

Estivemos nun intervalo de 15 minutos en cada actividade, pero ocupounos toda a mañá. Ao final tivemos un pequeno descanso para repoñer forzas. Cando marchamos o autobús deixounos preto do CEIP Rabadeira e tivemos que ir andando ata o instituto. Neste tramo cada un ía falando da súa experiencia na excursión (que todos dicían que o pasaran moi ben e quedaron con ganas de repetir). Foi unha excursión moi activa e entretida.

VISITA Á UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O pasado xoves 26 de Abril, visitamos o Campus da Coruña de a UDC. Chegamos ao pavillón estudiantil, onde profesionáis do SAPE falaron en xeral da Universidade de A Coruña e realizamos unha actividade de autorientación recollendo información sobre os estudos que máis interese tiñan para cada un de nós. Con posterioridade, repartímonos en diferentes itinerarios e compartimos visita co alumnado do instituto de Mugardos.  Álgúns visitaron facultades relacionadas coa Arquitectura e as Inxenerías, outros coas Humanidades e as Ciencias Sociais e Xurídicas e o último grupo os estudos relacionados coas Ciencias da Saúde. A media mañán xuntámonos na cafetería da Facultade de Dereito para tomar un chocolate con churros. Deixámosvos unha fotografia que fixemos no Pavillón Estudiantil. ​

ERASMUS +: VIAXE A CHIPRE.

Do 14 ao 21 de abril catro estudantes de 3º da ESO (María Gómez, Celtia Río, Antía Rodríguez e Pedro Vila) e dúas profesoras do Departamento de Inglés (Nuria Bello e Lucía Cociña) estiveron en Limassol, cidade situada ao sur de Chipre, como parte do programa Erasmus +.

Durante a semana os nosos estudantes realizaron unha grande variedade de actividades organizadas polo centro educativo L.I.T.C e acompañados por alumnado procedente de Italia, Hungría, Portugal e Chipre. Visitaron diferentes lugares, por exemplo as ruinas de Kourion, distintas fábricas de elaboración de aceite de oliva, de marmeladas de froita e de queixo típico da illa chamado Halloumi, e as vilas de Arsos e Omodos. Na primeira viron o proceso de fabricación de doces tradicionais chipriotas de zume de uva e froitos secos chamados shoushouko e na segunda fomos a unha bodega de viño nas montañas. Tamén fixemos sendeirismo pola ruta Kalidonia e vimos unha fervenza impresionante.

Ademais de turismo gastronómico e histórico-cultural, os nosos estudantes practicaron a destreza oral da lingua inglesa e fixeron unha presentación para dar a coñecer Oleiros ao resto de alumnado e profesorado. Todos nos felicitaron polo traballo realizado así que voltamos a Galicia moi ledos e con moitas anécdotas que contar. Sen dúbida ningunha, foi unha experiencia intercultural inesquecible chea de momentos de risas e emocións.

Distribuir contido


by Dr. Radut