Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

INCIACIÓN AO SUF 4º ESO A

O 23 de outubro o alumnado de 4ºA tamén gozou dunha mañá aprendendo Surf na praia de Bastiagueiro. Alí recibiron clases sobre o coñecemento do material, seguridade no mar e técnicas básicas de propulsión nas ondas.  

ERASMUS + EN HUNGRÍA

Do 7 ao 13 de Outubro do 2018 dúas estudantes de 4º ESO:  Alejandra  Gacho  Mediavilla e  Ainara López García, o coordinador do programa Erasmus +: Carlos Domingo Salgado e a profesora acompañante do Departamento de Inglés : Carmen Rubio Alvariño viaxaron ao pobo de  Bicske (Hungría) para continuar o programa  P.A. N. T.A  R.E.I     meeting Erasmus + iniciado o curso pasado en Italia e  Chipre.

  A nosa anfitrioa foi a profesora húngara Eva Patò Szebenyieva  do  instituto "Bicskei Csokonai Vitéz Mihály Általános Iskola". Convivimos con alumnos e profesores de centros  de Portugal, Italia,  Chipre e Hungría realizando unha gran variedade de actividades institucionais, culturais e lúdicas durante as cales os alumnos participaron nunha excepcional experiencia intercultural practicando a lingua inglesa en destrezas orais e escritas, establecendo amizade con estudantes doutros países, e coñecendo outros sistemas educativos  e culturas. Agradecemos  a hospitalidade coa  que fomos recibidos e achegamos o programa de actividades realizadas.

INICIACIÓN AO SUF 4º ESO

Os alumnos de 4º ESO C e B asistiron o pasado luns (8 de outubro) e mércores (10 de outubro) á actividade organizada polo Concello de Oleiros de "Iniciación ao Surf".

A actividade desenvolveuse na praia de Bastiagueiro, onde logo dunhas nocións básicas, os nosos alumnos puideron experimentar o deslizamiento sobre as olas. A experiencia foi incrible e moitos deles xa pensan en apuntarse á Escola de Surf que ten o Concello.

O alumnado de 4º ESO A desfrutará desta experiencia o 23 de outubro. Esperamos que a desfruten tanto como os seus compañeiros!

DISCURSHOW "VOUTE CONTAR" PARA 1º DA ESO

O xoves 11 de outubro todo o alumnado de 1º da ESO asistiu no salón de actos ao obradoiro-espectáculo “Voute Contar” conducido polo actor e divulgador Vicente Mohedano. Neste show científico ou “Discurshow” cuxo fío condutor foron as cifras e a súa utilizade para comprender o mundo, combináronse á perfección conceptos matemáticos, xogos de cálculo de probabilidades, altas doses de humor e a participación directa dos nosos rapaces e rapazas.

Esta actividade foi organizada pola ANPA en colaboración coa Deputación da Coruña. Parabéns polo resultado!

 

 

PREMIOS ARMADA 2018

A alumna de 1º de bacharelato Alexandra Tomás Fernández foi a gañadora dos Premios Armada 2018 na categoría de Mocidade coa súa redacción “Por qué quiero pertenecer a la Armada”.  Alexandra realizou un gran traballo recorrendo a historia desta institución centenaria desde a súa orixe ata os nosos días para xustificar o seu interese en formar parte do corpo.

O acto de entrega foi presidido pola ministra de defensa, Margarita Robles, e Alexandra recibiu o premio de mans do Xefe de Estado Maior da Armada, Teodoro López Calderón.

Parabéns!

ACTUACIÓN DE M.J PÉREZ NO IES MIRAFLORES PARA 4ºESO

O pasado mércores 26 de setembro, o  alumnado de 4º ESO asistíu no salón de actos á actuación dunha das voces máis destacadas do panorama galego actual: M.J PÉREZ

Ademais de facernos partícipes das súas experiencias como creadora audiovisual e cantautora, deleitarnos con alguna canción e visionado dos seus próximos vídeos…tamén motivou ao alumnado no uso e fomento do galego na súa vida cotiá e especialmente na rede.

A actividade estaba organizada polo departamento de Dinamización Lingüística do IES Miraflores e pola Deputación  de A Coruña e Urdime Comunicación Audiovisual, dentro das xornadas “ O galego, a miña lingua propia”.

 

 

 

VIDEO DO VOO DA MARUMASAT III

100% APROBADOS PROBAS DELF B1 E B2

100% de aprobados dos alumnos de francés que se presentaron ás probas externas DELF.

 DELF B1.

Valeria García Martínez.

Flavia Penedo Allobre.

DELF B2.

Sandra Chacón Pérez.

Anxo Díaz Sande.

Marina Herrero Guillén.

Inés María Varela Ortega.

Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut