Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

A ANPA ORGANIZA UN OBRADOIRO DESTINADO A PAIS E NAIS SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO, ESTE MARTES 27 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 H

Adxuntamos a convocatoria do obradoiro de Técnicas de Estudo organizado pola ANPA destinado a nais e pais do alumnado do IES Miraflores. Esta invitación tamén se fai  extensiva a todos aqueles pais e nais da contorna que queiran sumarse a esta proposta.

Para acceder á información pinchade no arquivo adxunto.

REMATE DAS VISITAS Á TERRA CHÁ CON 1º ESO C

O martes, 13 de novembro, o grupo de 1ESO C chegou á sede da Fundación Manuel María nun día típico do outono chairego. Despois da visita guiada pola casa e de levar flores ao cemiterio recitaron os poemas elixidos de Os soños na gaiola. O recitado rematou coa interpretación de Galicia docemente, musicada por Suso Baamonde e O carro, musicada por Baldomero Iglesias, que é a canción preferida da clase. Fixeron unha pequena ruta ata a carballeira de Santa Isabel onde viron o carballo que plantara Manuel María ao lado do monumento que lle dedicou a AELG. Despois de xantar achegáronse á Lagoa de Cospeito e puideron descubrir as pegadas dalgúns mamíferos que alí viven. 
Rematamos as nosas visitas á Terra Chá de Manuel María. Damos as grazas ao concello de Oleiros pola organización destas saídas; a Antón, o guía da Casamuseo, e a Nati, Fran e Marta os monitores que nos acompañaron.

1º ESO B VISITA EN OUTEIRO DE REI A CASA DE MANUEL MARÍA

Este martes, 6 de novembro, foron os alumnos e alumnas  de 1ESO B os que se desprazaron a Outerio de Rei para coñecer a Casa de Hortas, a Casamuseo de Manuel María. Despois de faceren un percorrido polos cuartos da casa, atentos ás explicacións do guía, Antón, puideron recitar os poemas que elixiran de Os soños na gaiola, presentados por Ainhoa, no pequeno auditorio da Palleira. Ademais, tiveron a sorte de poder cantar O carro, O aradiño e Galicia docemente co acompañamento da nosa pandereteira Antía.
Como o grupo anterior, foron ao cemiterio a levarlle rosas en sinal de respecto, e recitar uns poemas. Na Carballeira de Santa Isabel seguiu a música, nesta volta o noso gaiteiro foi Fran, que nos fixo cantar O carro.  Por último queremos agradecer ao concello de Cospeito que abrise o Museo das Aves e o Centro de interpretación da Lagoa de Cospeito para facilitarnos que coñecésemos mellor a terra que poetizou Manuel María.

50 ANOS DE SOÑOS NA GAIOLA. HOMENAXE A MANUEL MARÍA

O martes, 30 os alumnos e alumnas de 1ESO A, que estiveron traballando co libro Os soños na gaiola de Manuel María, desprazáronse a Outeiro de Rei para visitar a casa natal do autor. No pequeno auditorio da Palleira da casa-museo realizaron un recitado de poemas seleccionados deste libro, do que se conmemoran os 50 anos da súa publicación. Visitaron a casa guiados por Antón, e foron levar flores, en sinal de respecto, ao cemiterio de Outeiro, onde repousan os restos de Manuel María, tal e como el quería.

A Terra Chá cantada polo poeta recibiunos nun precioso día de outono, e a climatoloxía, xenerosa, permitiulles pasear pola Carballeira de Santa Isabel e ver algunhas das aves que comezan a chegar á lagoa de Cospeito.

REMO E KAIAK PARA 3º ESO

Os alumnos de 3º ESO gozaron dunha xornada acuática manexando un kayak e un batel. A actividade englobase dentro das ofertadas polo concello e levouse a cabo na ría de Santa Cristina.

Os alumnos aprenderon os diferentes tipos de embarcacións, as súas características, así como o xeito de remar. Os máis atrevidos quixeron darse un último chapuzón, aínda que a temperatura non acompañaba. 

INCIACIÓN AO SUF 4º ESO A

O 23 de outubro o alumnado de 4ºA tamén gozou dunha mañá aprendendo Surf na praia de Bastiagueiro. Alí recibiron clases sobre o coñecemento do material, seguridade no mar e técnicas básicas de propulsión nas ondas.  

ERASMUS + EN HUNGRÍA

Do 7 ao 13 de Outubro do 2018 dúas estudantes de 4º ESO:  Alejandra  Gacho  Mediavilla e  Ainara López García, o coordinador do programa Erasmus +: Carlos Domingo Salgado e a profesora acompañante do Departamento de Inglés : Carmen Rubio Alvariño viaxaron ao pobo de  Bicske (Hungría) para continuar o programa  P.A. N. T.A  R.E.I     meeting Erasmus + iniciado o curso pasado en Italia e  Chipre.

  A nosa anfitrioa foi a profesora húngara Eva Patò Szebenyieva  do  instituto "Bicskei Csokonai Vitéz Mihály Általános Iskola". Convivimos con alumnos e profesores de centros  de Portugal, Italia,  Chipre e Hungría realizando unha gran variedade de actividades institucionais, culturais e lúdicas durante as cales os alumnos participaron nunha excepcional experiencia intercultural practicando a lingua inglesa en destrezas orais e escritas, establecendo amizade con estudantes doutros países, e coñecendo outros sistemas educativos  e culturas. Agradecemos  a hospitalidade coa  que fomos recibidos e achegamos o programa de actividades realizadas.

INICIACIÓN AO SUF 4º ESO

Os alumnos de 4º ESO C e B asistiron o pasado luns (8 de outubro) e mércores (10 de outubro) á actividade organizada polo Concello de Oleiros de "Iniciación ao Surf".

A actividade desenvolveuse na praia de Bastiagueiro, onde logo dunhas nocións básicas, os nosos alumnos puideron experimentar o deslizamiento sobre as olas. A experiencia foi incrible e moitos deles xa pensan en apuntarse á Escola de Surf que ten o Concello.

O alumnado de 4º ESO A desfrutará desta experiencia o 23 de outubro. Esperamos que a desfruten tanto como os seus compañeiros!

DISCURSHOW "VOUTE CONTAR" PARA 1º DA ESO

O xoves 11 de outubro todo o alumnado de 1º da ESO asistiu no salón de actos ao obradoiro-espectáculo “Voute Contar” conducido polo actor e divulgador Vicente Mohedano. Neste show científico ou “Discurshow” cuxo fío condutor foron as cifras e a súa utilizade para comprender o mundo, combináronse á perfección conceptos matemáticos, xogos de cálculo de probabilidades, altas doses de humor e a participación directa dos nosos rapaces e rapazas.

Esta actividade foi organizada pola ANPA en colaboración coa Deputación da Coruña. Parabéns polo resultado!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut