Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

FALANDO A BOCA CHEA

 

 

O xoves 11 de abril ás 12h  o alumnado de 3 ESO, 4ESO e 1 BACH puido disfrutar dun monólogo de Cándido Pazó no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A actividade formaba parte do Festival de Narración Oral “Falando a boca chea” que organiza o Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística  do IES MIraflores estamos encantados de  que se nos oferten este tipo de actividades a prol da nosa lingua e cultura, pois o alumnado do Miraflores gozou ao máximo deste fantástico escritor,guionista e actor vigués...que tan ben sabe falar a boca chea...!

Concurso Coca-Cola 59 edición

CONCURSO DE RELATOS PARA OS ALUMNOS DE 2º DE ESO

 

O pasado venres 22 de marzo seis alumnos de 2º de ESO participaron na fase provincial da 59ª edición do concurso Coca-Cola “Jóvenes Talentos de Relato Corto”, na modalidade de castelán. O acto tivo lugar na Aula Magna da facultade de Filoloxía de A Coruña.

Nesta ocasión o estímulo que inspirou a súa imaxinación era un reloxo de area, e a frase que tiñan que usar nos seus relatos, “La arena se escapaba lentamente”.

Moita sorte aos participantes!

Rafting 1º Bacharelato

O 3 de abril un grupo de 32 alumnas/os de 1º Bacharelato participaron nunha actividade de rafting no río Ulla, nun tramo entre Pontevea e Herbón. No transcurso da actividade producíronse algunhas caídas nos rápidos máis perigosos, pero sen máis consecuencias que un chapuzón (e algún pequeno susto) nunha auga un pouco fría. Quen quixo, tamén puido mergullarse desde unha rocha e deixarse levar pola corrente durante un pequeno tramo.

A actividade desenvolveuse nun espazo natural cunha vexetación típica de ribeira, composta fundamentalmente por ameneiros, salgueiros e bidueiros, mesturados con outras especies autóctonas como carballos e loureiros, coa compaña dalgúns patos e cormoráns. Así mesmo, tamén puideron ver de cerca as “pesqueiras” da lamprea.

     

 

 

INTERCAMBIO BAYONNE.

 

 

Entre o 22 e o 29 de marzo pasado 26 rapaces e dous profesores do IES Miraflores fixeron unha estadía en Bayonne (Francia) no marco do intercambio co Lycée René Cassin que se está a desenvolver durante este curso. Os nosos alumnos estiveron aloxados nas familias de acollida dos seus homólogos franceses cos que están en contacto dende xaneiro.

O programa en Francia incluiu a visita de Burdeos, Bayonne, Saint-Jean-de-Luz, Biarritz así como unha xornada no centro de ensino francés.

En vindeiras datas, do 6 ao 13 de abril, terá lugar a estadía en Oleiros dos alumnos franceses.

Trátase dunha actividade de inmersión lingüística no estranxeiro pero non hai dúbida de que vai moito máis alá do ámbito lingüístico, xa que entendemos que acada plenamente unha dimensión de experiencia humana e cultural moi enriquecedora para os nosos alumnos polo feito de ter que convivir cunha familia estranxeira, adaptándose ao seu ritmo de vida, ás súas comidas e ás dúas costumes cotiás.

Máis información no Blog des Étoiles do Departamento de Francés

MINISTAY EN HASTINGS PARA 1º DE BACHARELATO

 

Entre os días días 21 e 27 marzo un pequeno grupo de estudantes de 1º de Bacharelato participaron nun Ministay na cidade de Hastings (sur de Inglaterra)  onde conviviron cunha familia local inglesa e participaron en multitude de actividades.

Todos os días pola mañá,  asistían tres horas a clases de conversa sobre distintos temas de actualidade ou da propia localidade de Hastings. Pola tarde había distintas actividades como saír á rúa e obter diversa información dos transeúntes ou representar a batalla sucedida  alí no século  XI.

Ademais houbo duas saídas en tren para coñecer outras cidades de intersese: un día a Londres e outro a  Brighton, o que os deixou a todos con desexos de volver. Resultou unha experiencia marabillosa!

 

RESULTADOS III CARRERA DE LA LUZ

Pincha aquí para ver os resultados. Parabéns a todos por colaborar!

 

III CARRERA DE LA LUZ

A III Carrera de la Luz celebrarase o 29 de marzo, fai clic sobre a imaxe para máis información.

III Carrera de la Luz

PLANTADA DE ESPANTALLOS NO IES MIRAFLORES

 

 

 Os alumnos de plástica de 3º e 4º ESO participaron no Concurso de Espantallos de Entroido organizado por este departamento. O obxecto desta convocatoria era celebrar a tradicional festa do Entroido, caracterizada polo disfrace,  e ao mesmo tempo, por en valor estes elementos da nosa cultura tan habituais nos campos e hortas e serven de vehículo para a creción artística.

O alumnado “plantou” os seus espantallos temáticos na primeira planta, animando os corredores e estancias durante toda este semana.

Os espantallos gañadores (escollidos polo alumnado de 1ºESO) permanecerán expostos ata a semana que vén na entrada do instituto.

VISITA AO PLANETARIO, CASA DAS CIENCIAS E MUNCYT 4º ESO

O mércores 27 de febreiro o alumnado da materia de Cultura científica de 4º ESO realizou unha visita ao planetario da Casa das Ciencias e ao Muncyt.

No planetario participaron nunha sesión sobre o ceo nocturno do día 21 de marzo (equinoccio de primavera) nas nosas latitudes para aprender que constelacións son visibles no ceo nocturno durante esa época do ano, que planetas poden ser observados sen necesidade de telescopios e que posición ocupa o Sol e a Lúa no ceo durante o equinoccio de primavera.

No Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) participaron en grupos nunha actividade denominada “desafío Muncyt” onde tiveron que facer o papel de “detectives” para descubrir mediante unha serie de pistas distintos obxectos, aparatos e inventos expostos neste museo e a súas aplicacións pola humanidade ao longo da historia.

Os participantes estiveron moi interesados nas dúas visitas e cun comportamento excelente. Parabéns a todos eles!

CHARLA- COLOQUIO ANDREA MACEIRAS CON 3º E 4º ESO

 

O martes  26 de febreiro, o alumnado de 3 e 4 ESO puido charlar coa escritora coruñesa Andrea Maceiras sobre os seus libros Europa Express e O que sei do silencio

Un ano máis quedaron enfeitizados coas súas historias e puideron preguntarlle sobre os aspectos máis destacados das súas obras.

A actividade estaba organizada polo departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística.

Distribuir contido


by Dr. Radut