Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2012-2013

Riscos de Internet

08/05/2013 12:30
08/05/2013 13:20
Etc/GMT+1

Mércores, 8 de maio

Alumnado que participa:

CURSOS: 2º de ESO.
GRUPOS: Todos.

  •     Hora de comezo: 12:30 h.
  •     Hora de final: 13:20 h.


ACTIVIDADE: A policía dará unha charla no Salón de Actos do Instituto sobre os riscos na Internet .

Profesorado acompañante:

O que corresponda segundo horario.


Riscos de Internet

30/05/2013 12:30
30/05/2013 13:20
Etc/GMT+1


Xoves, 9 de maio

Alumnado que participa:

CURSOS: 1º de ESO.
GRUPOS: Todos.

  • Hora de comezo: 12:30 h.
  • Hora de final: 13:20 h.

ACTIVIDADE: A policía dará unha charla sobre os riscos na Internet no Salón de Actos.

Profesorado acompañante:

O que corresponda segundo horario.


Correlingua 2013

13/05/2013 10:30
13/05/2013 13:30
Etc/GMT+1

Luns, 13 de maio

Alumnado que participa:

CURSOS: 3º e 4º de ESO.

GRUPOS: Todos.

  • Hora de saída: 10:30 h.
  • Hora de regreso: 13:30 h.

ACTIVIDADE: Participación en Correlingua 2013.

Profesorado acompañante:

  • Neves Amado Señarís
  • Xoán C. Rábade
  • Xoán Costa
  • Mº Xosé Bravo
  • Victoria Arijón.

Recollida de tapóns de plástico


Dentro das iniciativas postas en marcha neste curso polo profesorado que traballa no proxecto da Axenda 21 Ecolar de Galicia, a partir do día 23 de abril podedes depositar tapóns de plástico na caixa posta no vestíbulo.

Os beneficios obtidos irán destinados aos gastos médicos e farmaceúticos de persoas que o necesiten pola súa falla de recursos económicos.

Esta iniciativa nace con vocación de permanencia (como indefinida).


 

Escalando tocamos o ceo!!


Este sábado fomos de andaina pola nosa selva galega: As Fragas do Eume, con tempo libre para xogos e risas, para pechar os ollos en silencio e conectar coa enerxía vital do despertar da natureza.

Hai primavera!! na alma destes moz@s galegos; porque coñecen, valoran, preservan e gozan do noso patrimonio natural e cultural.

A guinda deste rico pastel foi a ESCALADA!!   FOI UNHA AUTÉNTICA GOZADA!!

Aquí tedes un anaquiño do que foi un día cheo de complicidade, de saciar curiosidades e de loitar por conseguir retos personais.  Na foto Mariquiña axudando a Ana a sentirse segura e con ánimo para chegar máis arriba


Concurso fotográfico de denuncia medioambiental


As actividades que fumos facendo nos últimos meses co Concurso Aula Lucida queremos complementalas agora cun CONCURSO FOTOGRÁFICO DE DENUNCIA MEDIOAMBIENTAL, coas seguintes BASES:

  1. Poderá presentarse calquera alumno/a do IES Menéndez Pidal, cun máximo de 10 fotografías.
  2. As FOTOS DENUNCIA deben ser sobre aspectos medioambientais (do noso Instituto ou de fóra del).
  3. As fotos enviaranse a este enderezo electrónico: fotosdenunciaZalaeta@gmail.com
  4. Prazo de envío das fotografías: 22 de abril a  31 de maio de 2013.
  5. O xurado estará composto polo profesorado que leva á práctica no noso Instituto a “Axenda 21 Ecolar de Galicia”.
  6. As 5 fotografías premiadas permitirán aos seus autores viaxar na excursión que se fará no mes de xuño a un lugar de intereses medioambiental de Galicia (no concurso: Aula Lucida).

 


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer