Punto Laranxa contra o acoso escolar

Axenda21EG

Aula Lucida. Finalistas 2013


Os grupos gañadores do concurso "Aula Lucida" foron:

  • 1º premio 4º ESO C
  • 2º premio 3º ESO C

Ler máis...

NORABOA!


Taboleiro informativo medioambiental


 

 

Na entrado do noso centro temos un taboleiro informativo acerca de cuestións medioambientiais, para recordarnos a todos a importancia que ten coidar o medio onde vivimos e conservalo adecuadamente.
O seu carón fixemos campañas como a de recollida de tapóns de plástico.

Ver máis imaxes


Primatrozicla- 2013


O Trozicla é un mercado para o intercambio de obxectos que é organizado cada ano no IES Ramón Menéndez Pidal por estudantes de Comercio Ciclo Medio.

Consiste en que todos os alumnos e persoal da escola teñan que aportar algún obxecto da súa casa que non lles sexa útil. No que celebramos esta primavera teñen especial importancia os libros ó coincidir co día das LETRAS GALEGAS. 

No mercado os estudantes cualifican os obxectos, asignando un valor que traen de adhesivos, A, B e C. Onde A é o valor máximo e mínimo C.

É aquí comeza o intercambio.

O obxectivo deste mercado é que a xente recicle obxectos que pensan que non teñen valor e intercambialos por outros que lles interesen máis. 

E finalmente, doar todos os obxectos para unha ONG, xa que os obxectos aos que non lle damos valor para outros si que o teñen.


Mercadillo Trozicla, primavera 2013

14/05/2013 10:00
15/05/2013 14:00
Etc/GMT+1

Trozicla, primavera 2013

Dia das Letras Galegas


 Facemos un mercadillo onde intercambiar obxectos entre nós.

Queres axudarnos???


Doa un artigo, algo que teñas na túa casa e non necesites.


Intercambia un produto


Recollida de tapóns de plástico


Dentro das iniciativas postas en marcha neste curso polo profesorado que traballa no proxecto da Axenda 21 Ecolar de Galicia, a partir do día 23 de abril podedes depositar tapóns de plástico na caixa posta no vestíbulo.

Os beneficios obtidos irán destinados aos gastos médicos e farmaceúticos de persoas que o necesiten pola súa falla de recursos económicos.

Esta iniciativa nace con vocación de permanencia (como indefinida).


 

Concurso fotográfico de denuncia medioambiental


As actividades que fumos facendo nos últimos meses co Concurso Aula Lucida queremos complementalas agora cun CONCURSO FOTOGRÁFICO DE DENUNCIA MEDIOAMBIENTAL, coas seguintes BASES:

  1. Poderá presentarse calquera alumno/a do IES Menéndez Pidal, cun máximo de 10 fotografías.
  2. As FOTOS DENUNCIA deben ser sobre aspectos medioambientais (do noso Instituto ou de fóra del).
  3. As fotos enviaranse a este enderezo electrónico: fotosdenunciaZalaeta@gmail.com
  4. Prazo de envío das fotografías: 22 de abril a  31 de maio de 2013.
  5. O xurado estará composto polo profesorado que leva á práctica no noso Instituto a “Axenda 21 Ecolar de Galicia”.
  6. As 5 fotografías premiadas permitirán aos seus autores viaxar na excursión que se fará no mes de xuño a un lugar de intereses medioambiental de Galicia (no concurso: Aula Lucida).

 


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer