Resultado de imagen de logo fse en galego     

Concurso fotográfico de denuncia medioambiental


As actividades que fumos facendo nos últimos meses co Concurso Aula Lucida queremos complementalas agora cun CONCURSO FOTOGRÁFICO DE DENUNCIA MEDIOAMBIENTAL, coas seguintes BASES:

  1. Poderá presentarse calquera alumno/a do IES Menéndez Pidal, cun máximo de 10 fotografías.
  2. As FOTOS DENUNCIA deben ser sobre aspectos medioambientais (do noso Instituto ou de fóra del).
  3. As fotos enviaranse a este enderezo electrónico: fotosdenunciaZalaeta@gmail.com
  4. Prazo de envío das fotografías: 22 de abril a  31 de maio de 2013.
  5. O xurado estará composto polo profesorado que leva á práctica no noso Instituto a “Axenda 21 Ecolar de Galicia”.
  6. As 5 fotografías premiadas permitirán aos seus autores viaxar na excursión que se fará no mes de xuño a un lugar de intereses medioambiental de Galicia (no concurso: Aula Lucida).

 


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer