Punto Laranxa contra o acoso escolar

PROTOCOLOS COVID19 PARA UNHA VOLTA SEGURA ÁS AULAS

  1. Guía para unha volta segura ás aulas. Conxunto de medidas para protexer e prever o contaxio da covid-19 e crear contornas escolares saudables e seguras Realizado polas autoridades sanitarias e educativas.
  2. Información ás familias. Guía resumo das instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública.
  3. Cartaz de medidas xerais.
  4. Cartaz de medidas na aula
  5. Hixiene de mans. Cartaz explicativo da importancia de seguir unha boa hixiene de mans.
  6. Uso da máscara. Vídeo explicativo sobre o correcto emprego da máscara.
  7. Manipulación da máscara. Vídeo explicativo sobre a correcta manipulación da máscara.
  8. Modelo de declaración responsable para as familias.
  9. Enquisa autoavaliación COVID19. Enquisa para que a comunidade educativa poida identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus. De presentar calquera destes síntomas, consulte no seu centro de saúde.
  10. Actuación ante casos sospeitosos dentro do centro educativo.
  11. Actuación ante casos sospeitosos fora do centro educativo.
  12. Programa de acollida curso 2020-2021. Documento no que se contemplan as accións de acollida e prevención sanitaria desenvolvidas no inicio do curso para cada un dos niveis educativos.
  13. Plan de adaptación do centro ao contexto COVID-19. Documento elaborado pola Dirección no que se recolle o plan de actuación para o presente curso en relación á organización e xestión da crise do coronavirus.
  14. Plan de continxencias. Proceso para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a actividade lectiva como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o cese da actividade presencial nun aula/etapa educativa/centro.
  15. Horarios espello. Organización da formación online, de aplicación nos supostos de confinamento dunha aula ou do centro educativo.
  16. Planos do instituto. Anexo cos planos do instituto mencionados nos Plans anteriores.
  17. Limpeza do centro. Documento no que se recollen as quendas e distribución de espazos para a limpeza e desinfección do centro.
  18. Actividades complementarias e extraescolares fora do centro. Protocolo e instrucións a seguir para o desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.
  19. Uso das instalacións deportivas curso 2020-2021. Protocolo e instrucións a seguir para o emprego das instalacións deportivas do IES Ramón Menéndez Pidal no presente curso.
  20. Uso do comedor. Protocolo a seguir para o uso do comedor desenvolvido pola empresa que presta o servizo (Jardanay).

INICIO GRADUAL CURSO 2020/21 - NOVAS DATAS

Adiamento do inicio das clases na ESO, Bacharelato e Formación Profesional

Co novo calendario mantense a distribución por cursos no inicio escalonado. Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO, os de 1º de Bacharelato e os de 1º de FP Medio e Superior, que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23; mentres que os de 3º da ESO, de 2º de Bacharelato e de 2º de FP Medio e Superior, que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24. Os estudantes de 4º da ESO e FP Básica, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.

Comedor Escolar 2020-21

Incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

 

  • O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatorial 1º curso de bacharelat,l 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior.
  • O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria, 2º curso de bacharelatol 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.
  • O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer