O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias afectadas e as consideradas contacto estreito, para indicar o procedemento a seguir.
No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos segundo as indicacións e serán informados das mesmas.
Buenas tardes,
Queremos facervos partícipes da emoción e ledicia que sentimos despois de recibir esta mensaxe de agradecemento dos traballadores e traballadoras da UCI Covid do CHUAC da Coruña, que recibiron unha das postais de Nadal que enviou hai uns días o EDLG. Prestade atención á mensaxe que nos piden que vos fagamos chegar, é para VÓS, é para NÓS. Bo Nadal!
Buenas tardes,
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer