Skip to Content

Saídas educativas

PROXECTO RÍOS

 

PROXECTO RÍOS O noso centro, o IES de Meaño, participa no Proxecto Ríos, que consiste en que un grupo de persoas, ben sexan amigos, familiares, alumnos e alumnas dun centro, ou calquera que o desexe, “adopta” un tramo dun río galego (O país dos mil ríos) e faise responsable de facer dúas medicións anuais: en primavera e en outono.Unha vez obtidos os datos, estes son enviados ao responsable do proxecto, que comprobará o estado de saúde dos ríos galegos. O 11 de maio inauguramos neste centro o Proxecto Ríos, e fixémolo o alumnado de 3º A e 4ªA-B acompañadas das profesoras Ángela, Raquel e María. Eliximos un tramo de 800 metros do río da Chanca ó seu paso por Simes. Ó chegar dividíronnos as profes en 3 grupos e comezamos a actividade percorrendo todo o tramo do río do que nos íamos ocupar para poder debuxalo e xa ir observando e tomando notas dalgunhas características (usos das ribeiras,…) e comezamos a analizar a fauna e a flora mediante exercicios e esquemas. “Algunhas” tivemos que introducirnos no río para obter mostras de animais macro-invertebrados, que despois observamos coa lupa binocular portátil que alí tiñamos. E tamén para pode facer as pertinentes análises físico-químicas (pH, nitratos, temperatura,…). En xeral, foi un día ameno e agradable no que a actividades e compaña se refire, pero o tempo non nos acompañou en absoluto Por certo!!!! Despois do traballo de campo podemos dicir que o río se atopa en bastante bo estado e cunha gran biodiversidade, algunhas especies que atopamos eran pouco comúns. Así que, A COIDAR O RÍO QUE É NOSO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

Os Entremeses de Cervantes.

 

SAÍDA DIDÁCTICA DOS ALUMNOS DE 3ª ESO- LINGUA CASTELÁ

 

O día 17 de marzo fomos a Vigo para asistir a unha representación teatral de dous entremeses que escribiu Miguel de Cervantes: “ El retablo de las maravillas” e “ El viejo celoso”.

 

Saímos do instituto sobre as nove e media. Ó chegar a Vigo aínda era demasiado cedo porque a obra comezaba ás doce. Tivemos tempo libre ata a hora de ir ó teatro. Os profes leváronnos a un centro comercial que estaba preto.

 

Ás once e media dirixímonos ó colexio dos Salesianos onde vimos a representación teatral.

 

Esta foi moi auténtica e conseguiu transportarnos ós teatros do séculos XVI e XVII. Nesa época os entremeses eran obras pequenas de teatro que se representaban para entreter ó público nos entreactos das obras moi longas.

 

Na representación de Vigo, os actores facían como se fosen os actores do entremés que esperaban o descanso da obra longa que era “La dama boba” de Lope de Vega, para actuar.

 

O primeiro entremés representado foi “ El retablo de las maravillas”. Ó principio só había un descanso polo que só se representaría un entremés, pero fixeron como que o actor principal morría e ó non poder acabar de representar a obra longa, tiña que saír a escena representando outro entremés para que o público non se volvese tolo.

 

Nese momento representaron “El viejo celoso” pero tiñan un problema: faltáballes un actor polo que pediron un colaborador de entre o público. Un dos meus compañeiros, Chema, presentouse voluntario, pero a chica do teatro colleu a outro rapaz doutro instituto. Fíxoo moi ben, o seu papel era de galán.

  

Cando rematou este último entremés os actores fixeron unha especie de coloquio para responder a tres preguntas que eles xa tiñan preparadas. O único que facían os tres voluntarios do público era elixir tres delas para preguntalas.

 

Unha vez acabada totalmente a representación aínda nos quedaba tempo antes de regresar a Meaño, polo que os profes nos deixaron tempo libre no que tivemos que quedar, outra vez, no centro comercial.

   Ana Lores Padín, 3º C

 

Semana branca en León

SEMANA BRANCA EN LEÓN 

O domingo 8 de marzo estabamos todos coas maletas preparadas para meternos no autobús con destino á estación de esquí de San Isidro (León). Este ano só fomos 34 alumnos de 1º,2º e 3º ESO. Saímos ás 13:45 aproximadamente, acompañándonos os profesores Marcos (Ciencias Sociais) Anne (Francés) e María (Ciencias Naturais).

 

Como xa fixeramos o ano pasado paramos na Gudiña (Ourense) a descansar e comer algo. Seguimos a viaxe falando cos nosos compañeiros, aínda que as consolas portátiles pasaban de man en man…

Chegamos xa de noite ós apartamentos de Boñar, que comparados co “Toneo” (que ademais estaba a pé de pista) onde se durmiu o ano pasado, deixaba moito que desexar.

Repartímonos en dous edificios. Cada un foi cos seus amigos, pero en realidade, andabamos por moitas habitacións. Ceamos e fixemos algúns xogos, participando os dous institutos que tamén viñeran: Salvaterra e Vigo. Ás 23:30 fomos parar ás habitacións, pero non durmimos demasiado e botamos unhas boas risas…

 

Despois de levantarnos ás 7 h.(excepto o primeiro día que foi ás 8), cousa que custaba non sabedes canto, almorzabamos e iamos cos nosos monitores: Fernando que coas súas rastas parecía un cadro de Melendi e moi simpático e Yolanda, que nos gastaba ela sola toda a batería das PSP’s.

 

De seguido, déronnos as botas, o casco e os esquís a cada un, dispuxémonos a poñer as botas. Que suplicio¡¡¡¡¡ Parecían de ferro (ao longo dos días descubrimos que con tirar forte da lingüeta era bastante doadiño).

 

O primeiro contacto coa neve do grupo dos avanzados (2º ano) foinos familiar. A verdade é que a paisaxe das montañas nevadas que se ve desde a telecadeira é impresionante.

Ó principio iamos polas pistas verdes, as máis faciliñas, pero logo xa nos resultaban algo frouxiñas, je,je… Pronto pasamos ás azuis e flipamos.

 

Non chegaba facer o xiro en cuña porque collías unha velocidade que non podías controlarte e claro, mallabas que daba gusto. Os “avanzados” como Pablo, Aris, Cristina, David, Sonia, Alejandro, Vanessa e eu mesmo (seguro que me esquezo de alguén) sabiamos xirar en paralelo e baixabamos moi rápido por Cebollero e Requejines, as dúas pistas azuis.

 

Mentres tanto, Marcos e Anne baixaban polas vermellas (máis difíciles cás azuis).

 

En Cebolledo había unha rampla común a unha pista vermella e alí foi onde máis caemos. Eu caín unha vez nesta e un par de veces en Requejines (ó coller confianza é o que pasa).

 

Tivemos moita sorte co tempo, que agás pola mañá (cando tiñamos as dúas horas de clase co monitor de esquí) foi estupendo, porque o resto, ata as 16:00 h., era libre.

 

A sensación de velocidade era moi excitante ¡¡¡¡

 

As actividades fóra das pistas que fixemos foron a visita a uns museos de Puebla de Lillo e a León. A verdade é que nos museos estabamos rebentados e non prestabamos moita atención.

 

O venres, por desgraza, tivemos que facer as maletas e marchar, pero o recordo foi inesquecible. Fíxosenos pouco tempo pero estivo moi ben.

 

Houbo algunha lesionada, pero quitando iso e o hostal, o resto foi espectacular.

 Por Alexandre Prado. 3ºC

Saída didáctica á Coruña

 

SAÍDA DIDÁCTICA Á CORUÑA 

O xoves 2 de abril os alumnos de 1º e 3º A fomos de excursión a Coruña. Visitamos a Domus, á Casa de Ciencias e ao Planetario

  

E tras case atravesar media Galicia, e contemplar as típicas infraestruturas galegas, as obras do AVE e as da Cidade da Cultura, chegamos á Coruña, onde tras un par de atascos puidemos chegar tranquilamente a Domus.

 

Alí tras contemplar unha película de dinosauros que a moitos lles provocará pesadelos durante meses debido a que as tres dimensións facía que os terosauros saísen da pantalla, comezamos a ver o museo onde observamos dende un corazón dun cabalo do tamaño dunha fotocopiadora ata medir a actividade do cerebro ou contemplar como son os latidos do noso corazón.

 

Ademais puidemos medir a velocidade de tiro, a forza coa que podemos lanzar un balón cun pé,ou unha colección de utensilios de cociña, como un aparato capaz de cortar unha sandía en cachos dun só corte.

 

E despois dun descanso e de repoñer enerxías dirixímonos á Casa das Ciencias, onde puidemos xogar coas ondas sonoras, facer pompas de xabón de tamaño extra-grande, ou contemplar o noso corpo a través dunha cámara térmica que nos mostraba como se quenta o corpo humano . Tamén observamos a radiación alfa, beta e gamma a través dun aparato que fregando sobre unha superficie nos mostraba a radiación natural, a capacidade dalgúns materiais para illar a radioactividade, ou coñecer Marte nun documental que duraba aproximadamente uns 45 minutos onde se atopaban as canles ficticias que nos anos setenta pensaban que eran os que utilizaban os marcianos para regar os campos de cultivo.

 

Despois dun bo anaco vendo estes experimentos, subimos ao último piso onde está o Planetario. Alí vimos unha película sobre o universo, en concreto a nosa galaxia.

 

Unha vez rematada, emprendemos a viaxe de regreso. Foi unha excursión moi instrutiva e seguro que nos valerá de moito a hora de estudar

  Por Martín Carramal Meis.

 

Visita ao Porto de Marín

sex chat live sex live girls sex date maxocum chat with girls pussy finger vigaplus livesex duramale wild girls cam4 chaturbate cam 4 livejasmin password caliplus live fuck cheap viagra

blank_page

Artículo correxido e ampliado aparecido na páxina web da Autoridad Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

(http://www.apmarin.com/)

(http://www.grupocortizo.com)

 

Alumnos do IES de Meaño visitan o Porto.

18/02/2009


Os alumnos do IES de Meaño visitaron o mércores día 18 de febreiro de 2009 o Porto de Marín dentro das actividades organizadas polo Departamento de Tecnoloxía do centro. Medio centenar de escolares de 2º da ESO desprazáronse  ata o recinto portuario para coñecer de preto as instalacións. Dado que os alumnos cursan este segundo trimestre a materia de Estruturas, aproveitaron para observar e fotografar guindastres e torres, peiraos de almacenaxe, carga e descarga, etc. Posteriormente confeccionaron no taller maquetas en papel destas estruturas.  Entre outras instalacións, puideron visitar o Edificio de Formación A Aixola onde lles ensinaron maquetas de embarcacións de todo tipo, mesmo artesanais como coa última tecnoloxía en poliéster.

Tras visitar o Porto de Marín, o grupo do IES de Meaño trasladouse a Caldas de Reis, onde fixeron unha parada para almorzar e ver as “caldas” e posteriormente subiron á Central Hidroeléctrica no río Umia, na que puideron ver as turbinas hidráulicas e recibir explicacións da xestión da central por parte do técnico responsable.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut