Skip to Content

Curtametraxes IES Meaño

No IES de Meaño apostamos pola participación activa do alumnado na vida escolar. Por este motivo, dende o Equipo de Convivencia do centro, impulsamos a realización dunha curtametraxe durante o curso escolar. Os alumnos e alumnas do instituto adican parte do seu tempo de lecer á creación audiovisual, con todo o que isto supón: esforzo, compromiso, organización, emocións…Como resultado obtemos obras das que estamos moi orgullosos e orgullosas, e que representan perfectamente o que poden conseguir os rapaces e rapazas do noso instituto con motivación. A continuación, adxúntanse enlaces e información das curtas dos últimos dous cursos (conseguiron recoñecementos importantes en varios festivais audiovisuais):

Serendipia (curso 20/21) (está subido a Youtube coa conta do IES de Meaño)

  • Gañadora mellor guión festival audivisual Ouff Escola de Ourense

  • Finalista mellor guión festival audiovisual Olloboi

 

Guión/Dirección: Patricia Baquero, Icía Torrado, Ero Rodríguez, Andrea Blanco, Claudia Otero, Noa Nogueira. 

Finca Uxía (curso 21/22)

  • Gañadora mellor interpretación (Dª Ofelia Malga Frieiro) festival audiovisual Olloboi.

  • Finalista mellor guión festival audiovisual Olloboi

 

Guión/Dirección: Tania Carro, Marta Otero, Estrela Carballo, Lara Castro, Rocío Reinal, Noa Nogueira. 



page | by Dr. Radut