Skip to Content

Plantado árbores con pinceis

O xoves 9 de decembro, entre os dous recreos,  fixemos unha actividade no centro promovida e organizada pola Sede “Afundación” Pontevedra, na que viñeron 3 artistas a traballar co alumnado de 1º ESO, 4º ESO e o grupo da Sección Bilingüe de 3ºA.

Fixéronse dous talleres simultáneos, un mural para a Aula de Proxectos cos deseños do alumnado de 4º ESO feitos en Plástica, e un obradoiro de pintado de bolsas de tela co alumnado de 1º de ESO. Empregáronse pinturas especiais, ecolóxicas, que absorven o CO2, co cal foi unha experiencia diferente para todos/as. Tiveron a oportunidade de aprender de 3 grandes artistas, David, Marta e Pablo, que acompañaron en todo momento ao alumnado.

Esta actividade foi posible grazas aos profesores/as que cederon as súas clases para levala adiante, Montse, Esperanza e Fernando e ao centro por afrontar o custe económico.

Aquí deixamos unhas fotografías.

     

 

 

 

 



page | by Dr. Radut