Skip to Content

Toponimízate!

O vindeiro 19 de novembro o IES de Meaño participará vía streaming da campaña Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra co fin de difundir e salvaguardar os nosos nomes de lugar. Trátase dunha campaña coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Para iso Vicente Feijoo, especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da RAG, vainos falar da riqueza de nomes da nosa terra e do risco de se perderen se non se recollen a tempo. Tamén vai presentar a aplicación colaborativa “Galicia Nomeada” que nos permitirá, a través do móbil, colaborar na recollida e xeolocalización dos nomes de leiras, regos, fontes, penedos… antes de que se poidan perder por diferentes motivos.

Ademais falará da orixe e significado que agocha algún dos nomes de Meaño.

Animámosvos a participar na recollida deses nomes que acompañaron oso nosos devanceiros e esta terra desde hai xa tanto tempo.

 

LIGAZÓN A EMISIÓN EN STREAMING

 



page | by Dr. Radut