Proxecto titorando Curso 20-21
Un ano máis, poñemos en marcha o proxecto titorando, no cal un alumno/a voluntario/a de 3º ESO titoriza a un/ha de 1º ESO. Este proceso ten por obxecto facilitar a integración e adaptación do novo alumnado.
Este curso, debido á situación producida pola pandemia actual, tivemos que adaptar este programa aos protocolos sanitarios. As principais novidades deste curso, é que estas reunións presenciais serán programadas e levadas a cabo, en diferentes quendas, durante os 15 minutos de lectura semanal. Ademais, habilítase unha conta de chat para que titor/a e titorado/a poidan manter un contacto máis frecuente e poidan conversar, sempre e cando queiran.
Tras varias sesións de motivación e formación ao alumnado titor, por fin puidemos levar a cabo as primeiras reunións. Foron uns encontros, nos cales todos/as chegaron con moita ilusión, puideronse coñecer un pouco máis e marcharon con gañas de que se puidesen organizar máis.