PROXECTO DEPORTIVO DO CENTRO
Continúamos cos recreos activos como actividade do Proxecto Deportivo de Centro integrado nos "Contratos Programa" da consellería de educación, no que este ano participa o IES de Meaño. No segundo trimestre organizouse un torneo de bádminton individual e mixto,no que se enfrontaban alumnos/as de 1º/ 2º e alumnos/as de 3º/4º, para finalmente realizar unha gran finalentre os gañadores dos dous grupos. Nesta 3ª e última avaliación arrancaremos cun torneo de Balonmán,igualmente mixto e por grupos, un grupo de 1º e 2º e outro de 3º e 4º. Todo isto gracias á colaboración do alumnado de 4º o que levou a cabo tarefas de organización é arbitraxe dos encontros. Ademais comentar,que dentro das actividades de dito proxecto, alumnos/as de tódolos curso asistirán a unha xornada de surf na praia da Lanzada o día 30 de maio.