Skip to Content

XORNADA DE FOLGA DE ESTUDANTES 26 DE OUTUBRO

XORNADA DE FOLGA DÍA 26 DE OUTUBRO DE 2016.

A Federación de Asociacións Pogresistas e a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais do alumnado sumáronse á convocatoria de folga promovida polo Sindicato de Estudantes para o día 26 de outubro en protesta polas novas avaliacións da ESO e Bacharelato, contempladas na Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Do mesmo xeito o resto de organizacións integradas na Plataforma Estatal pola Escola Pública apoiarán as movilizacións previstas para ese día.

Con motivo desta convocatoria no noso Centro algún grupo xa presentou a comunicación pertinente ante a Dirección do Centro para poder exercer os seus dereitos. Por este motivo nos parece conveniente lembrar neste punto o que recollen as Normas de Organizacón e Funcionamento do IES de Meaño, aprobadas polo Consello Escolar, ó respecto:

A lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación na súa Disposición derradeira primeira, modificación da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito a Educación (LODE), no seu artigo 8 di, “co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ó elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. As decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do 3º curso da Educación Secundaria Obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio de dereito de reunión e sexan comunicadas á dirección do centro.

Legal e tecnicamente o alumnado non ten dereito á folga, este dereito está reservado ós traballadores, os alumnos só teñen dereito de reunión. Ó alumnado a partir do 3º curso da ESO, poderá adoptar decisións colectivas da inasistencia á clase. A decisión desa inasistencia é dos alumnos e alumnas, non dos seus pais ou titores legais. Estas normas de organización e funcionamento establecen que para que esta inasistencia colectiva sexa considerada como consecuencia de exercer este dereito recoñecido na Lei, esta decisión deberá ser comunicada polo representante da Xunta de Delegados á Dirección do Centro, cunha semana de antelación. O alumnado poderá quedar baixo a garda e custodia dos seus pais ou titores legais ou acudir ó Centro Educativo, pero tendo en conta que, de presentarse no centro, non poderá abandonar o recinto escolar, do mesmo xeito que non poderá ser obrigado a entrar nas aulas.

 Ademais da comunicación previa por escrito da Xunta de Delegados á Dirección, cada alumno ou alumna que teña previsto participar nesa acción, deberá traer un papel asinado polo seu pai/nai ou titor/-a legal onde manifeste a intención do alumno e especificando claramente os días que non ten previsto non asistir á clase.



story | by Dr. Radut