Skip to Content

Os xardíns ao longo da historia

 

Este artigo nace a raíz da saída que o alumnado de da ESO realizou a París, en concreto baséase nunha actividade realizada nos xardíns de Versalles.

 

 

 

XARDÍNS CREADOS POLO HOME AO LONGO DA HISTORIA

 

 

 

 

XARDÍN ANTIGO

Xardín Exipcio

As primeiras mostras de xardíns antigos aparecen nas pinturas das tumbas exipcias 3000 anos A.C.Nelas pódese observar como existían pequenos xardíns no interior das casas cumprindo catro funcións: dar sombra, alimento, adorno  e botica.   

Xardín Grego

Son moi famosos os xardíns públicos de Atenas onde os mestres gregos impartían as clases de filosofía.

Xardín Romano

As persoas influentes de Roma tiñan uns xardíns no interior das casas chamados  “Hortus”, que como podedes imaxinar abastecíanos de alimentos e flores.

XARDÍN ISLÁMICO: fundaméntase na tradición anterior, pero sempre xirando en torno á importancia da auga e o deleite dos sentidos. 

XARDÍN MEDIEVAL: de dimensións modestas, dentro dos castelos e os mosteiros, pechados por  grandes muros (un reflexo tamén do momento histórico). Basicamente tiñan unha finalidade práctica de autoabastecemento, provocado polo illamento.

XARDÍN RENACENTISTA OU ITALIANO: cambian os tempos e tamén os xardíns coma xa ides vendo. A apertura mental deste período histórico fai que tamén os xardíns se abran progresivamente ao mundo exterior rompendo totalmente co período anterior, pero mantendo a simetría e as formas xeométricas. 

XARDÍN FRANCES: foi introducido polo xardineiro de Luis XIV. Unha das súas máximas expresións son estes xardíns onde estamos hoxe. É un xardín moi aberto permitindo unha visión de conxunto, que pode ser contemplada dende o pazo ou as terrazas, con amplos parterres, sebes perfectamente recortadas, fontes monumentais, onde as estatuas e os estanques xogan un papel importante; e por suposto os xogos de simetrías organizadas ao redor dun punto central  

XARDÍN ROMÁNTICO OU INGLÉS: nace como froito dunha nova corrente: o romanticismo, buscando unha maior inspiración na natureza. 

XARDÍN MODERNO: a introdución de xardíns nas grandes urbes, creando espazos verdes nas cidades, onde poder conxugar as construcións coa natureza. 

 

 

EXPLORADE VERSALLES!!!

TENTADE ATOPAR diferentes elementos coa vosa cámara de FOTOS

       Elipses

 

      Ángulos

     Parábolas

      Simetrias

     Elementos xeométricos

 

                                                    

 E calquera outro elemento matemático

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut