Skip to Content

A orixe dalgunhas tradicións navideñas (Departamento de relixión)

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN

ORIXE DALGUNHAS TRADICIÓNS NAVIDEÑAS

 

Badaladas e  uvas Tradición  de fin de ano exclusivamente española. Remóntase a 1909, cando nese ano a colleita de uva foi tan boa que houbo moito excedente e para non tirar a uva os colleiteiros idearon regalalas na fin de ano. Deste xeito a tradición arraigou no noso país.

 

Lotería- Creada en 1763 polo marqués de Esquilache, un siciliano que foi ministro de Carlos III. O primeiro sorteo de Nadal celebrouse o 24 de decembro de 1818 xa co sistema de lotería de billetes. Os nenos do colexio de San Idelfonso cantan os números e os premios dende hai máis de 225 anos.

Roscón de Reis- A partir da Idade Media, sobre todo en Francia, celébrase dita festividade para cristianizar o costume pagán de elixir “un rei de festa invernal”.

A rosca era de pan doce, adornada con froitas confeitadas, na que se agochaba unha faba, cambiando máis tarde por unha figuriña.

O roscón fíxose popular en España con Filipe V.

Reis Magos- A súa orixe é persa. O día da Epifanía era moi importante xa que marcaba o inicio do  ano novo (tradición que conserva a igrexa ortodoxa). Os evanxeos  falan duns magos de Oriente que seguían a unha estrela. O título de reis data do século VI e sinalaba que eran 12. No século VII comezou a falarse en latín de Melchor, Gaspar e Baltasar e representaban as tres razas coñecidas:europeos, asiáticos e africanos.

Cientificamente dita estrela parece ser a conxunción dos planetas Xúpiter e Saturno.

Papá Noel- Personaxe extraído da lenda de San Nicolás, un bispo que ía polos lugares regalando xoguetes ós nenos.

Os países protestantes cambiaron este conto católico en Papá Noel, que era delgado e ía vestido de verde, ata que Coca-Cola usou a súa imaxe para un anuncio e converteuno nun barrigudo de barba branca vestido de vermello, viaxando nunha zorra tirado por renos.

En EEUU xurde o nome de Santa Claus por ser a palabra coa que se chama ós personaxes relixiosos que dan regalos.

No 1927, un locutor de radio finlandés inventou o fogar de Papá Noel: no Círculo Polar Ártico, alí onde recibe as cartas de millóns de nenos.

 



story | by Dr. Radut